martes, 27 de junio de 2023

Paula Prado considera a caducidade da transferencia da AP-9 como “o mellor exemplo do desprezo do sanchismo a Galicia e ás súas infraestruturas"

 

Hoxe, en Esgos, Ourense, en declaracións aos medios a  secretaria xeral do PPdeG, Paila Prado, incidiu na reclamación da transferencia da AP-9 a Galicia “para que sexa xestionada desde a proximidade da nosa Comunidade” e puso en valor a proposición de lei rexistrada onte polos populares no Parlamento de Galicia.

“Levamos anos pedindo a transferencia desde o Parlamento de Galicia e defendéndoa en Madrid, pero esa proposición foi constantemente rexeitada polo PSOE e os seus socios”, explicou antes de lamentar que, coa convocatoria das eleccións xerais, esta solicitude “veuse abaixo cando xa tiña que ser unha realidade”

Prado considerou que a reiterada negativa do Goberno de Sánchez a facer efectiva esta transferencia é “o mellor exemplo do desprezo do sanchismo a Galicia e ás súas infraestruturas coa complicidade do BNG”

Neste sentido concluíu que o apoio dos nacionalistas a Pedro Sánchez “non serviu para absolutamente nada máis que para aprobar os Orzamentos do Estado máis cativos e lesivos para Galicia da súa historia”