martes, 27 de junio de 2023

Doce meses despois do inicio formal das obras, non hai rastro delas no tramo Eirasvedras-Quintela da Variante Norte de Ourense

 

Como consta en múltiples entradas deste blog, dentro das miñas obrigas de control parlamentario dos investimentos do Estado en Ourense, estivo o seguimento do devenir da Variante Norte de Ourense, que integrada na autovía A-56 Ourense-Lugo, divídese en dous tramos: Eirasvedras-Quintela e Quintela-A Casilla.

En relación co primeiro tramo Eirasvedras-Quintela o 14 marzo de 2023 os deputados populares ourensáns rexistramos varias preguntas escritas ao Goberno cunha misma exposición:

“El Mitma nos informó por escrito que el 17 de junio de 2022 comenzaron las obras del primer tramo de la A-56. Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela, pero finalizado 2022, al menos de forma visual no se apreciaron avances sobre el terreno.  En la ley de PGE para 2022 habia para ese fin una partida presupuestaria de 2.000.000 €. El Gobierno el 13 de febrero de 2023 acreditando una falta de respeto enorme a los derechos de los diputados, eludió responder a nuestra concreta pregunta del 11 de enero sobre la cifra ejecutada en ese ejercicio. Por ello insistimos.”

E as preguntas concretas eran

¿Qué explicación puede dar el Mitma al hecho de que desde que el 17 de junio de 2022 comenzaran formalmente las obras no se hayan apreciado movimiento de tierras ni actuación constructiva alguna en las obras del tramo de la A-56 Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela?

Con data 20 de abril de 2023 o Goberno contestounos:

“En las obras correspondientes al tramo de la A-56 (Lugo-Ourense): Variante Norte de Ourense, tramo Eirasvedras-Quintela se está tramitando el desvío de todos los servicios afectados al tratarse de una obra en medio urbano. Ha sido realizada además una campaña geotécnica complementaria. Se ha procedido también a un despeje de la zona expropiada y se ha ejecutado la demolición de las edificaciones afectadas.

Hasta que los mencionados servicios afectados no hayan sido desviados en su totalidad, no resultará posible iniciar la mayoría de los tajos.

Dado que la obra urbana ocasionará interferencias y afecciones al tráfico de los accesos de la ciudad de Ourense, se tratará de ejecutar en el menor tiempo posible desde que se inicien los desvíos provisionales tras la reposición de los servicios.”

¿Existe algún problema del Mitma con la UTE adjudicataria de las obras del primer tramo de la A-56. Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela, que justifique la patente demora en la ejecución de las obras? ¿Está tramitando el Mitma algún modificado? ¿De ser cierto que razones motivarían ese modificado?

Con data 20 de abril de 2023 o Goberno contestounos:

“En relación con el asunto interesado, se señala que en las obras correspondientes al tramo de la A-56 (Lugo-Ourense), Variante Norte de Ourense, tramo Eirasvedras-Quintela, se está tramitando el desvío de todos los servicios afectados al tratarse de una obra en medio urbano.

Dado que la obra urbana ocasionará interferencias y afecciones al tráfico de los accesos de la ciudad de Ourense, se tratará de ejecutar en el menor tiempo posible desde que se inicien los desvíos provisionales tras la reposición de los servicios.”

¿Cuál ha sido a fecha de respuesta la cifra exacta ejecutada en el ejercicio 2022 de la partida 2016 17 38 3691 de la A-56 Variante Norte de Ourense entre Eirasvedras y Quintela?”

Con data 20 de abril de 2023 o Goberno contestounos:

“Las obras del tramo de la Autovía A-56 (Lugo-Ourense), Variante Norte de Ourense, tramo: Eirasvedras – Quintela continúan de acuerdo con el programa de trabajos vigente”

Exposto o anterior, sinalar ademáis que, como todos os meses, fun onte pola mañá a visitar o lugar onde as empresas adxudicatarias do Mitma terían que estar executando as obras da Variante de Ourense, no treito entre Eirasvedras é Quintela.

Lembro que na anterior visita, o 30 de abril apreciei dous pequenos movementos de terras nas proximidades da estrada N-120. Unha  a altura da nave de Bodegas Arnoya e outra pouco antes de rematar o camiño-pista da Vía Vella-Tar.

Pois ben, na visita do luns desta semana, puiden constar que todo seguía igual nestes puntos, agás que había medrado notablemente a herba. 

Non había presenza de maquinaria, nin caseta de obras. Na gran explanada, onde tivo lugar a colocación da primeira pedra,  a herba seguía alta e os dous grandes carteis anunciadores da actuación impecables.

Estas fotos o acreditan.





Antecedentes recentes do proxecto deste tramo:

O 7 de febreiro de 2018, o secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda asinou a resolución mediante a que se aprobaba o expediente de información pública e, definitivamente, o documento técnico de adecuación do proxecto de construción do tramo enlace de Eirasvedras coa N-120, no seu punto quilométrico 573,800 - Ligazón de Quintela coa N-120 no seu punto quilométrico 572,000.

En abril de 2018 foron aprobados polas Cortes, os  PGE para 2018 que presentara o goberno de Mariano Rajoy nos que se consignaba unha partida de 2,5 millóns de euros para posibilitar a licitación do tramo  Eirasvedras-Quintela.

En xaneiro de 2019 o novo Goberno de Pedro Sánchez presentou un proxecto de lei de  PGE para 2019 no que non había consignación algunha para este tramo, o que provocou un maiúsculo rexeitamento da sociedade ourensá. Finalmente eses orzamentos non foron aprobados de modo que continuaron prorrogados os de 2018.

O proxecto de construción do tramo  Eirasvedras-Quintela da Autovía A-56, Ourense-Lugo foi aprobado pola Dirección Xeral de Estradas o 22 de abril de 2019 cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros.

21 de novembro de 2019 o BOE publicou o anuncio do  MITMA de sometemento a información pública previa á ocupación de bens e dereitos afectados.

Lembrar que o MITMA informou por diferentes medios que  licitarían as obras a finais de 2019, logo en 2020; nos  PGE para 2021 o Goberno socialista consignou para este tramo a ínfima suma de 250.000 € cando Lei de  PGE de 2018 (logo prorrogados en 20219 e 2020)  – con goberno do PP - tivo unha partida de 2,5 millóns de euros. Dez veces menos.

Na Lei de  PGE para 2022 para este primeiro tramo do variante norte consígnanse tan só 2 millóns de euros, que ao noso xuízo é unha suma insuficiente.

As obras foron licitadas no BOE do 25 de outubro de 2021, por un importe de 34.313.182,63 EUR (con IVE) e por un  prazo de execución  de 30 meses.

O Mitma difundiu o 11 de marzo de 2022 unha nota dando a coñecer que  o 9 de marzo adxudicou o contrato de obras da “Variante de Ourense. Tramo: Ligazón de  Eirasvedras coa  N-120 no seu  p. k. 573,800 – Ligazón de Quintela coa  N-120 no seu p. k. 572,000”, na provincia de Ourense. O importe de adxudicación a FERROVIAL CONSTRUCCIÓN, S.A. y S.A. de obras y servicios, COPASA ascendeu a 29,3 millóns de euros (con IVE) 

O 17 de maio de 2022 foi formalizado o contrato. https://contrataciondelestado.es/wps/wcm/connect/8c9bef81-12b4-487a-a550-eec5d5e3b29f/DOC_FORM2022-762789.html?MOD=AJPERES&CACHE=NONE&CONTENTCACHE=NONE

O 17 de junio de 2022 comezaron as obras, tal e como dixo por escrito o Mitma.