viernes, 16 de junio de 2023

Eleccións 23X: “Presentamos unhas candidaturas ao Congreso e o Senado das que estamos moi orgullosos, con grandes doses de experiencia pero cunha ampla renovación

 


Hoxe en Santiago de Compostela o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, mantiveron un encontró cos cabeza de lista ao Congreso e o Senado:

CONGRESO

  • Miguel Tellado (A Coruña)
  • Francisco Conde (Lugo)
  • Ana Pastor (Pontevedra)
  • Ana Vázquez (Ourense)

SENADO  

  • Rosa Gallego (A Coruña)
  • José Manuel Barreiro (Lugo)
  • Pepa Pardo (Pontevedra)
  • Carmen Leyte (Ourense)

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Pradodestacou hoxe a renovación do 75% nas listas que a formación presenta ao Congreso e o Senado, nas que 3 de cada 4 membros están por primeira vez. “Somos un partido grande e temos a capacidade de renovar os equipos”, engadiu.

 

Na súa comparecencia ante os medios estivo acompañada polo vicesecretario de Organización do PP e cabeza de lista ao Congreso pola provincia da Coruña, Miguel Tellado; así como do resto de cabezas de lista do PPdeG ás Cortes Xerais: Francisco Conde, Ana Pastor, Ana Vázquez, Rosa GallegoJosé Manuel Barreiro, Pepa Pardo e CarmenLeyte.

 

“No PPdeG tomámonos ao pé da letra o de elixir os números 1 para o Congreso e o Senado, porque as listas para as eleccións xerais do 23 de xullo da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra están encabezadas por oito auténticos números 1”, afirmou.

 

Neste sentido puxo en valor a súa experiencia, traxectoria, sentidiño e capacidade de xestión, así como o seu compromiso con Galicia e a súa responsabilidade por asumir o reto de representar á Comunidade nas Cortes Xerais. Amosándose convencida ademais de que o equipo liderado por Alberto Núñez Feijóo “gaña moito con estes oitos cabezas de lista”.

 

Paula Prado quixo referirse nomeadamente a Rosa Quintana, á que definiu como “a persoa que mellor coñece o sector do mar en toda España”; a Pedro Puy, “o mellor portavoz do Parlamento de Galicia”; e a “dous grandes referentes” no Congreso como Marta González e Jaime de Olano.

 

“Presentamos unhas candidaturas ao Congreso e o Senado das que estamos moi orgullosos, con grandes doses de experiencia pero cunha ampla renovación”, concluíu ao respecto.

 

“IMOS CONTINUAR OFRECENDO SENTIDIÑO A GALICIA”

 

A secretaria xeral do PPdeG fixo referencia aos cambiosque se fixeron na Xunta de Galicia tras a elaboración destas candidaturas, destacando que se realizaron “do mellor xeito e ofrecendo a maior estabilidade”.

 

“O presidente Alfonso Rueda volveu demostrar unha gran capacidade de resposta, collendo co pé cambiado á oposición, que ao igual que hai un ano, esperaba unha revolución que en ningún caso tivo lugar”, explicou.

 

Paula Prado aproveitou para desexar “a mellor das sortes” a Elena Rivo, Alfonso Villares, Diego Calvo, ÁngelesVázquez e María Jesús Lorenzana nas súas novas responsabilidades e reivindicou que, baixo o liderado do presidente Alfonso Rueda, o Goberno galego, continuará ofrecendo sentidiño a Galicia.

 

Agradeceu tamén o “xesto de xenerosidade” de Manuel Baltar, que durante máis dunha década exerceu “un labor fundamental para a provincia de Ourense”.

 

UN BO NÚMERO DE ALCALDES E ALCALDESAS DO PPdeG

 

A número dous dos populares galegos felicitou a todos os candidatos e candidatas do PPdeG que a partir de mañá se converterán en alcaldes e alcaldesas: “Poderían ser máis se os partidos de esquerda deixaran de facer pactos de perdedores para evitar que gobernen os gañadores”.

 

Cualificando de “goberno de esperpento con 8 concelleiros de 25” o de Santiago de Compostela, Paula Prado referiuse tamén á situación na cidade de Ourense. Afeou neste sentido a PSOE e BNG que poñan “un cordón sanitario” ao PP en vez de “cumprir os seus compromisos de campaña”.

 

Reiterou a proposta feita por parte de Manuel Cabezas, lamentando que socialistas e nacionalistas “nin se dignan a responder” á mesma. “Nós seguimos dispostos a negociar para que un goberno alternativo lidere a partir de mañá a cidade de Ourense”, remarcou.

 

MIGUEL TELLADO: “QUEREMOS UN PRESIDENTE DO GOBERNO DE ESPAÑA Á ALTURA DE GALICIA”

 

Pola súa banda, o vicesecretario nacional e candidato ao Congreso pola provincia da Coruña, Miguel Tellado, falou en nome dos oito cabezas de lista para agradecer a confianza depositada neles polos presidentes Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda e remarcar o seu orgullo por “representar a Galicia e ás catro provincias nas Cortes Xerais” e “traballar todos xuntos no equipo que conformará o próximo presidente do Goberno de España”.

 

Tellado sinalou que é necesario ter na Moncloa un presidente que, a diferencia de Pedro Sánchez, “se preocupe por Galicia, que non trate aos galegos como cidadáns de segunda e que volva dar á Comunidade os investimentos e os recursos que lle corresponden”. Engadindo ao respecto que “ninguén mellor” que Alberto Núñez Feijóo para defender os intereses de Galicia desde o Goberno de España como fixo durante 14 anos desde a Xunta.

 

“Os galegos coñecen máis e mellor a Alberto Núñez Feijóo, a súa capacidade de traballo, os seus valores, os seus principios, o seu compromiso coa verdade e a coherencia, a súa vocación de servicio público e a súa lealdade con Galicia”, afirmou definindo estas calidades como “a carta de presentación” do presidente nacional do PP ao tempo que o reivindicaba como “un dos maiores embaixadores que tivo nunca Galicia en toda España”.

 

O vicesecretario popular remarcou a importancia de que Feijóo sexa presidente do Goberno de España “para que o AVE chegue dunha vez a todas as cidades galegas, para deixar de ter abandonadas as infraestruturas de Galicia e para recibir os recursos que corresponden á nosa Comunidade tanto dos fondos europeos como dos Orzamentos Xerais do Estado”

 

“Queremos un presidente do Goberno á altura do pobo galego. E, como os galegos somos un pobo xeneroso, queremos darlle a España desde Galicia o presidente que nestes momentos precisa”, concluíu.