sábado, 17 de junio de 2023

Eleccións 28M: Constituidos os novos Concellos, entre eles o da cidade de Ourense

 

Hoxe 8.130 municipios de toda España constituirón os seus concellos, entre eles o desta cidade.

A sesión constitutiva da nova corporación municipal, de Ourense comezou coa toma de posesión dos 27 concelleiros e concelleiras que desde hoxe integran a Corporación Municipal: 10 de Democracia Ourensana, 7 do PP, 6 do PSdeG-PSOE e 4 do BNG.

Trala votación para a elección de alcalde, o candidato de DO, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu 10 votos; o cabeza de lista de PSdeG-PSOE, Francisco Rodríguez, 10; e o candidato do PP, Manuel Cabezas, 7. 

Unha vez rematado o escrutinio, e ao non rexistrarse maioría absoluta, foi proclamado alcalde Gonzalo Pérez Jácome, que encabezou a lista que obtivo o maior número de votos nas pasadas eleccións municipais.