viernes, 26 de mayo de 2023

Talgo anuncia ahora que entregará sus primeros trenes Avril en noviembre, con más de dos años de retraso


Talgo S.A. compañía dedicada ao deseño, fabricación e mantemento de trens, difundiu onte unha nota de prensa na que traslada estas mensaxes:

“ Talgo pondrá a disposición de Renfe en el mes de noviembre las primeras unidades del tren de muy alta velocidad Talgo Avril, listas para su operación comercial. Dicha fecha de noviembre se alcanzará siempre que los otros actores que participan en este proceso cumplan con los plazos que han facilitado a Talgo para alcanzar dicho objetivo y en virtud de los cuales Talgo propone esta fecha.  La puesta en servicio de los 30 trenes de muy alta velocidad que forman la Serie 106 de Renfe será escalonada. Así se lo confirmó la dirección de Talgo a Renfe en la reunión que mantuvieron ayer.  

El proceso de homologación de cualquier tren es por definición complejo, pero en el caso de nuevas tecnologías como las que equipan los Talgo Avril, la homologación supone un reto para todos los actores del proceso. Se trata de un tren completamente nuevo técnicamente y capaz de circular a 360 km/h en cualquier ancho de vía, hecho inédito en el mundo que hace que su certificación deba ser especialmente exhaustiva."

Valoración 

Todas as datas que desde o Goberno deron, sobre a data de entrega a Renfe dos trenes Avril, con pleno coñecemento do día de inicio da fabricación dos trens, foron sistematicamente incumpridas: primeiro desde o Mitma dixeron xuño de 2020; despois, principios do ano 2021; máis adiante, a finais de 2021, coa escusa do estado de alarma.

O 26 de xaneiro de 2022 os deputados do PP preguntamos sobre a data de 2022 que tiña previsto Renfe para que os trens Avril circulasen pola liña de alta velocidade Madrid-Galicia. 

A resposta escrita do Goberno chegou o 2 de marzo de 2022 e dicía literalmente: “Infórmase que os trens xa están en probas e mesmo están dispoñibles para as probas de homologación en Francia en canto as autoridades francesas faciliten a posibilidade. Nas recentes comparecencias públicas da Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, por exemplo, na súa recente viaxe a Galicia, tanto a Ministra como o Presidente da Xunta deixaron claro que, se a empresa fabricante cumpre, os trens estarán en servizo no verán.”

Como se viu ese prazo do verán de 2022 ofrecido pola ministra Raquél Sánchez, foi novamente incumprido e desde o Mitma case un ano despois son incapaces de ofrecer unha data certa, o cal resulta moi grave. Os usuarios do ferrocarril, os operadores turísticos, a cidadanía en xeral merece un respecto que non está  a obter do executivo central.