lunes, 29 de mayo de 2023

Eleccións 28M: O PP gaña as eleccións na provincia de Ourense, pero queda en segundo lugar na capital

Hoxe o presidente do PP de Ourense  presentou  na sede provincial o informe das eleccións municipais, que foi aprobado por unanimidade polos integrantes da Xunta Directiva Provincial.Baltar dixo que “crecemos en número de votos, en número de concelleiros e en porcentaxe de apoios”, e incidiu nas 60 vitorias -51 maiorías absolutas acadadas e 9 maiorías relativas-, e con “posibilidade de aumentar o poder territorial”

  “Acadamos doce deputados provinciais, faltando 154 votos no Partido Xudicial do Ribeiro para acadar o deputado número 13 que daría a maioría absoluta”, explicou.

En clave municipal,  destacou a maioría absoluta acadada por César Fernández en Ribadavia, definíndoa coma un “modelo do exemplo de traballo municipal do PPdeOU”, ademais de sinalar o éxito dos liderados consolidados “dun xeito maioritario polos seus veciños” en concellos referentes de toda a provincia, como San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar, Lobios, Bande, Boborás…

“Felicito a todos os compañeiros do PPdeOU pola gran campaña realizada”, destacou  poñendo en valor os sobresaíntes datos de apoio: “En máis de metade dos concellos ourensáns -51- acadamos maioría absoluta e ata en 27 concellos sumamos máis dun 70% dos sufraxios -en 2019 foron 14”