domingo, 12 de febrero de 2023

En Galicia contamos cun gran sistema público de saúde ao que a Xunta adica inxentes recursos orzamentarios. Pero temos, no conxunto do Estado, un problema: a falta de médicos

 


Hoxe publico na miña conta un tweet que dí: “En Galicia contamos cun gran sistema público de saúde ao que a Xunta adica inxentes recursos orzamentarios. Pero temos, no conxunto do Estado, un problema: a falta de médicos do que é  directamente responsable o Goberno de @sanchezcastejón" 

Ë certo que os datos do último Barómetro Sanitario do CIS, recollen que Galicia é a “segunda comunidade que mellor valora a súa sanidade pública, 10 puntos máis que a media nacional” e nos que se puntúa ao Sergas “cun 6,58 sobre 10”, o que supón unha das notas máis altas de toda España.

Malia estos resultados sociolóxicos, sabemos que hai moitas eivas que solventar, e por iso debemos respectar e tomar nota das lexítimas queixas e protestas dos cidadáns. Compre facer autocrítica, actuar con humildade, escoitar aos profesionais sanitarios e seguir traballando, sen aforrar melloras nin esforzos,

Certamente considero, que esa é  a actitude do Presidente Alfonso Rueda, do Conselleiro de Sanidade, Julio García e do conxunto do Servizo Galego de Saúde.

Neste mesmo mes, o presidente da Xunta reiteraba o propósito de volver ao nivel das listas de agarda que había antes da pandemia, “un obxectivo nada sinxelo pero posible”, afirmaba. Entre os retos máis inmediatos, aludiu a algunhas das medidas que está a implantar a Xunta para paliar o déficit de médicos como a convocatoria por concurso de méritos de 400 prazas de sanitarios para postos de difícil cobertura, segunda edición dunha medida pioneira en España, e coa que o Goberno galego xa convocou outras 106 prazas o ano pasado.

Nas últimas semanas, Rueda tamén anunciaba a creación dunha bolsa de voluntarios para facer quendas nos PAC con vacantes estruturais ou ofrecer un contrato de tres anos de duración aos médicos de familia cando rematen a residencia.

Tamén neste mes o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informaba ao respecto do proxecto de decreto de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada na Comunidade Autónoma de Galicia que vai reforzar a figura do titor na formación especializada en Ciencias da Saúde. Un decreto que fixa incentivos para os titores dos sanitarios residentes “co obxectivo de manter ou incrementar o número de profesionais que desempeñan este labor no Sergas”, indicaba o presidente galego.

Rueda lembraba que a Xunta leva tempo reclamando ao Goberno central que incremente o número de prazas MIR para a especialidade de Medicina de Familia, pero recoñece que iso ten ir aparellado dun número suficiente de titores para fomar aos titulados durante o periodo de residencia. Rueda lamentou ademais que o Ministerio de Sanidade non flexibilice, tal e como demandan varias comunidades, os criterios de docencia.

“Na actualidade hai preto de 900 titores de residentes de todas as especialidades, 350 de Medicina de Familia”, resaltaba o presidente. Moitos destes profesionais están próximos a idade de xubilación.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, salientaba que este decreto “é unha das normativas máis importantes da lexislatura” no eido sanitario, resaltando que grazas a ela, os titores contarán con incentivos no seu labor profesional como a ampliación das facilidades para exercer a labor docente, asegurando que o titor poida dispor dun tempo específico para o exercicio das súas funcións; o establecemento de formación específica para titores; a priorización da súa participación nas actividades de formación continuada para persoal sanitario e acurtando o tempo para acadar os graos de carreira profesional no caso dos titores na especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria.

De feito, a publicación desta norma coincide coa aposta do Goberno galego pola formación sanitaria especializada, que conta coa maior convocatoria de prazas das convocatorias feitas ata o momento na nosa comunidade: un total de 620 prazas foron ofertadas para as probas selectivas para o acceso no ano 2023. 

Esta cifra reflicte un incremento de 77 prazas sobre a oferta da anterior convocatoria, e converteu Galicia na comunidade coa maior porcentaxe de incremento de prazas de todo o Sistema Nacional de Salud (un 14,2 % máis de prazas en Galicia, fronte ao 5 % de media de todo o SNS).

En particular, Galicia convoca o 100 % das prazas acreditadas para médicos de familia, acadando 207 prazas, 65 máis que na anterior convocatoria. A nosa comunidade convocou tamén o 100 % das prazas acreditadas en Pediatría, e incrementou en 11 as prazas formativas para as especialidades de Saúde Mental.

Así, o orzamento que a Administración galega adicará en 2023 ao investimento na formación de especialistas sanitarios superará os 69 millóns de euros, un 10,4 % máis que no exercicio anterior. Coa entrada en vigor deste decreto, as vantaxes reguladas nel aplicaranse xa ao persoal que colabora na extraordinaria oferta formativa deste ano..

Tamén este mes o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciaba que o Goberno galego ofrecerá un contrato estable de tres anos para todos os residentes de medicina de familia tan pronto rematen a súa especialidade.

Durante a sesión de control no Parlamento de Galicia, Rueda adiantaba que esta é unha das iniciativas que o Sergas lles propuxo esta mañá aos representantes da Mesa Sectorial de Sanidade, xunto á de convocar este mes de febreiro máis de 400 prazas fixas sen oposición para lugares de difícil cobertura. En concreto, precisou que irán dirixidas a cubrir postos de médicos de familia, pediatras de atención primaria, facultativos en hospitais comarcais e profesionais da saúde mental.

A terceira proposta da Xunta á Mesa Sectorial de Sanidade da que deu conta Rueda é o compromiso de que os médicos de familia teñan axendas de 33 citas ordinarias, de 10 minutos cada unha, e 7 espazos reservados para as urxencias. “Cando haxa picos de demanda e deban atender a máis destas persoas, permitirase que se prolonguen as xornadas a cambio dunha remuneración adicional”, aclarou.

“Isto é facer medicina de calidade, falando cos profesionais”, defendeu Rueda sobre as propostas na Mesa Sectorial de Sanidade, á vez que insistiu no compromiso do Goberno galego de “seguir traballando en solucionar os problemas que ten o mellor tesouro desta comunidade autónoma, que é unha Sanidade pública de calidade”.