Segue
pois o descenso marcado fundamentalmente pola caída do
prezo da electricidade. Os prezos
empezaron encarecerse nos últimos meses do ano 2021. Aínda que agora a taxa é
inferior á dos meses anteriores, seguen moi por riba dos do ano anterior.
Galicia ten
un IPC algo máis elevado que a media do Estado, que é do 5,7% debido a que:
-
Os sectores que máis peso teñen no IPC en Galicia, como son os alimentos e o
transporte, son os que máis se teñen encarecido.
- Á dispersión, única no conxunto de España. Faise
un uso máis intensivo do transporte particular, e a distribución –especialmente
de alimentos- ten que recorrer maiores distancias.
Cómpre
sinalar que o IPC non mide a carestía dos produtos senón a variación dos prezos.
Desde o
Goberno galego, e desde as diferentes áreas, estanse tomando todas as medidas
necesarias para axudar ás persoas, familias e empresas que están tendo máis
dificultades: como o bono eléctrico, deflactación do IRPF, gratuidade das
escolas infantís, axudas directas a autónomos, conxelación das peaxes das
autopistas autonómicas, aval do 20 % a menores de 35 anos para a compra da
súa primeira vivenda; ou o incremento nun 142% do orzamento de axudas a
aluguer, entre outras.