viernes, 27 de enero de 2023

Galicia, Asturias e Castela e León cifran en 7.900 M€ os investimentos necesarios para o Corredor Atlántico Noroeste e demandan maior compromiso do Goberno

 


Asisto está mañá ao encontro do Corredor Atlántico Noroeste que, baixo o lema Unha estratexia conxunta para un proxecto común, congregou en Santiago de Compostela preto de 1.000 persoas do empresariado, dos portos e das plataformas loxísticas das tres comunidades, así como axentes políticos e sociais.

Un acto que lideraron o presidente da Xunta de Galicia,  Alfonso Rueda Valenzuela, da Junta de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, e do Principado de Asturias, Adrián Barbón Rodríguez.

Alfonso Rueda:“España tamén ten futuro porque Galicia, Asturias e Castela e León teñen un futuro no que hai que compartir, no que todos temos que aportar e que debe correr polas vías do Corredor Atlántico que transitaremos unidos”

“O noroeste da Península Ibérica non se resigna a ser periferia. Ten a determinación de estar no centro do mundo”, resaltou durante a súa intervención o presidente galego, Alfonso Rueda, quen resaltou a importancia de que as tres comunidades, con Gobernos de distintas cores políticas, estean unidas a prol dos intereses dos seus territorios. “España tamén ten futuro porque Galicia, Asturias e Castela e León teñen un futuro no que hai que compartir, no que todos temos que aportar e que debe correr polas vías do Corredor Atlántico que transitaremos unidos”, indicou.

No encontro, Galicia, Asturias e Castela e León presentaron a estratexia elaborada de forma coordinada para definir os obxectivos concretos e as liñas de traballo que deben guiar a modernización da rede ferroviaria de mercadorías no noroeste e incrementar así a súa competitividade territorial. “Temos que facer que a nosa posición xeográfica sexa unha posición gañadora”, indicou Rueda, quen resaltou que estas tres comunidades xa son “unha ponte natural entre Europa e América; un punto central do Arco Atlántico e están moi preto de Portugal”.

Durante a súa intervención, o presidente da Xunta agradeceu ao Goberno central o nomeamento dun Comisionado do Executivo estatal para o Corredor Atlántico -anunciado durante o transcurso deste encontro- co obxectivo de articular actuacións vencelladas ao corredor e que actúe de interlocutor co resto de Administracións e entidades. 

Para Rueda trátase do “primeiro éxito” deste cumio xa que era unha das reclamacións que as tres comunidades participantes no encontro levaban tempo solicitando ao Ministerio. “Era unha das peticións deste cumio e, polo tanto, o cumio xa logrou o primeiro dos seus obxectivos”, resaltou Rueda, que fixo fincapé en que “o camiño a seguir” para avanzar pasa pola “colaboración e por non discriminar a ninguén”.

Estratexia

A estratexia elaborada de forma conxunta por Galicia, Asturias e Castela é León recolle as actuacións que cada comunidade autónoma identificou como prioritarias para executar na rede ferroviaria e que pasan, fundamentalmente, pola execución das infraestruturas pendentes, a electrificación de vías, o aumento de gálibos ou a redución de ramplas. As intervencións supoñen un investimento conxunto de 7.884,3 M€.

Agora, unha vez definidas as liñas prioritarias, serán remitidas ao Goberno de España co obxectivo de que lle sirvan de base na elaboración do Plan Director do Corredor Atlántico, que atenda as necesidades do noroeste e impulse os investimentos co apoio da Unión Europea.

As tres comunidades coinciden na urxencia de contar cunha folla de ruta consensuada que debe elaborar o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, recollendo, de forma detallada e calendarizada, os investimentos e actuacións necesarias. 

Galicia, Asturias e Castela e León consideran imprescindible aproveitar a oportunidade única do reforzo dos orzamentos da UE co fin de paliar os efectos derivados da covid-19 coa creación extraordinaria dos fondos Next Generation UE para impulsar a remodelación global da rede ferroviaria do noroeste que está incluída no trazado do Corredor Atlántico, ademais dos xa previstos recursos do mecanismo Conectar Europa, que no programa 2021-2027 está dotado con 25.800 M€ para o sector do transporte.

Obxectivos estratéxicos

O obxectivo final é poder dispoñer en 2040 dunha liña ferroviaria que una o noroeste peninsular a Europa e que permita convois eléctricos de mercadorías con calidade e capacidade para que os camións suban ao tren.

Coas infraestruturas e investimentos necesarios, Galicia, Asturias e Castela e León aspiran a triplicar o volume de mercadorías transportado por ferrocarril no horizonte do ano 2040, pasando dos 7 millóns de toneladas/ano a máis de 20 millóns de toneladas/ano.

Dese xeito, sería posible chegar a transportar a través do ferrocarril ata o 12% das mercadorías, acadando así unha porcentaxe de cota modal similar á media europea.

Isto suporía un importante transvase de mercadorías da estrada ao tren e suporía vantaxes ambientais, ao conseguir reducir a emisión de máis de 22 millóns de toneladas de CO² á atmosfera.

A infraestrutura fará, polo tanto, máis competitivo o transporte ferroviario, permitindo un aforro de custos superior aos 1.300 M€ e mobilizar unha media de 6.600 empregos ao ano, entre directos e indirectos, durante as fases de execución das obras.

Trátase de impulsar un transporte de futuro multimodal, que permita que un produto chegue a un determinado porto en barco, para ser transvasado a un tren que descarga nunha terminal intermodal desde a que un camión o leve ata o seu destino final.

Os presidentes da Xunta de Galicia, da Junta de Castela e León e do Principado de Asturias plasmaron as reivindicacións e obxectivos compartidos nunha declaración institucional de impulso ao Corredor Atlántico Noroeste que selaron ao remate do acto. 

Co encontro de hoxe, as tres comunidades do noroeste dan un paso máis para reforzar a alianza estratéxica constituída en 2017 e que permitiu corrixir o erro histórico que supuña deixar este territorio peninsular á marxe do trazado dos corredores europeos de transporte de mercadorías.

Alfonso Fernández Mañueco: “Exijimos que al Corredor Atlántico se le dé el mismo trato que al Corredor del Mediterráneo.

El presidente de la Junta de Castilla y León señaló en este acto  que es hora de que el Gobierno de la Nación dé pasos decididos y aproveche los fondos europeos para que el Corredor se desarrolle con los requisitos y cumpliendo los plazos exigidos por la Unión Europea; es decir, para que la Red Básica del Corredor esté concluida en 2030, y la extendida en 2040.

Se trata de una infraestructura de transporte fundamental para lograr la cohesión económica, social y territorial beneficiosa no sólo para las nueve provincias de la Comunidad, sino para toda España y para Europa y, también, para poder crecer con equilibrio, generar riqueza, empleo y oportunidades en todos los territorios.

Son 915 kilómetros a su paso por Castilla y León, de los que 354 corresponden a la conexión del noroeste peninsular. Y requiere una inversión de 2.800 millones de euros, que generarán un impacto de 3.600 millones sobre el PIB de Castilla y León.

Por ello, los tres presidentes autonómicos piden, en primer lugar, una financiación adecuada y suficiente para el Corredor del Atlántico, y aprovechar la oportunidad que suponen los fondos europeos Next-Generation. En este sentido, el presidente de la Junta de Castilla y León exigió que se le dé el mismo trato que al Corredor del Mediterráneo.

En segundo lugar, consideran imprescindible la aprobación del Plan Director del Corredor con la participación de las comunidades autónomas, a la vez que reconocen el nombramiento del comisionado, que es el primer resultado de esta cumbre.

Fernández Mañueco explicó que, desde el Ejecutivo autonómico, cumpliendo con lo que les corresponde, ya se trabaja en una Estrategia Logística para tener una buena planificación y un adecuado desarrollo del transporte intermodal. Castilla y León dispone de 10 enclaves logísticos, integrados en la Asociación CyLOG, que funcionan en red, y ha desarrollado 145 millones de metros cuadrados de suelo logístico-industrial.

El presidente de la Junta de Castilla y León indicó que son exigencias realizadas desde la lealtad institucional, que consideran justas, razonables y posibles de atender, siempre que haya voluntad política.

Finalmente, agradeció a Asturias y Galicia el trabajo conjunto para rubricar este acuerdo necesario para generar actividad económica, empleo y fijar población y que demuestra las posibilidades, el potencial, la capacidad y el buen hacer de la gente de las tres comunidades.

Adrián Barbón: El Gobierno de España –y no sólo éste, sino también los anteriores- tienen una deuda histórica con el Noroeste

El presidente del Principado de Asturias, Adrián Barbón, fue rotundo hoy en Santiago: “El Gobierno de España –y no sólo éste, sino también los anteriores- tienen una deuda histórica con el Noroeste”. El objetivo del encuentro con los presidentes de Galicia y de Castilla y León ha sido, precisamente, la reclamación de una parte importante de ese débito: la construcción del corredor ferroviario atlántico, clave para el desarrollo económico de las tres comunidades autónomas.

Señaló que por primera vez, los presupuestos del Estado destinan en 2023 una cantidad similar para el corredor mediterráneo (1.695 millones), que lleva años en marcha, y para el corredor atlántico (1.648 millones). Además, resaltó que esa misma mañana el ministerio anunció el nombramiento de José Antonio Sebastián Ruiz como comisionado encargado de impulsar la obra, una de las peticiones de las tres comunidades. Barbón no ha dejado de reconocer estas decisiones.

Denunció el “ataque de insolidaridad” del empresariado levantino, crítico con la atención al Noroeste. Frente a esa actitud, el presidente asturiano elogió la colaboración de Asturias, Galicia y Castilla y León para defender intereses comunes “sin ir contra nadie”. Un compromiso que supera las diferencias ideológicas y que resumió en una frase: “Estaré siempre donde deba estar y con quien deba estar para defender a mi tierra, el Principado de Asturias”. En este caso, para luchar contra la desigualdad entre el Este y el Oeste de España.