jueves, 1 de diciembre de 2022

Comeza decembro e aínda Adif-AV non licitou as obras pendentes na estación intermodal de alta velocidade de Ourense


Hoxe é 1 de decembro, estamos a trinta dias de pechar 2022, e no BOE segue sen aparecer a licitación das obras pendentes na estación intermodal de alta velocidade de Ourense.

Recordo unha vez máis que ADIF-AV incumpriu xa por tres veces os seus compromisos:


1. No DOUE do 7 de marzo de 2019  publicáronse tres anuncios indicativos de Adif Alta Velocidade concernente a tres actuacións referidas á estación de alta velocidade de Ourense: Losa 1, cubrimiento da praia de vías. Estrutura e urbanización. Losa 2: cubrimiento adicional da praia de vías. Estrutura e urbanización e Viario rodado sobre a praia de vías. Nos tres casos estimábase como data de publicación do anuncio de licitación o 1 de xullo de 2019. Este prazo foi flagrantemente incumprido.


 2. No DOUE do 2 de abril de 2021 Adif Alta Velocidade anunciou a licitación dos mesmos proxectos antes de finalizar o mes de decembro de 2021. Outra vez houbo un incumprimento flagrante do prazo.


3. Daquela a ministra de Transportes e a presidenta de ADIF-AV/AV manifestaron publicamente que sería no primeiro semestre de 2022 cando se licitarían as obras. Terminou xuño e nada se licitou. Outro descarado incumprimento.


O certo é que todas as carencias da estación de Ourense terían que estar en vía de solución se ADIF-AV licitase en prazo as moi necesarias obras pendentes na estación intermodal de alta velocidade e que están recollidas no estudo informativo aprobado e comprometidas en firme  no Convenio asinado o 22 de xuño de 2016 entre o Ministerio de Fomento, Adif, Xunta e Concello de Ourense.  


Son entre outras estas:


. Actuacións na praza de acceso que se expón como unha prolongación natural do vestíbulo principal do edificio de viaxeiros, xerando tres bandas paralelas á Avenida de Marín.


. Actuación como elemento integrador no edificio de viaxeiros dunha solución de cubertas solapadas que recollen todos os novos espazos e intervencións baixo un único elemento.


 . Execución dun cubrimiento parcial da praia de vías para reducir os niveis de ruído e vibracións nos edificios próximos derivado do incremento dos tráficos ferroviarios. Esta zona comprende desde a Avenida de Santiago ata aproximadamente a Rúa Ático Noguerol.