Informan na web que “neste momento están xa moi avanzados os traballos de desaloxo do mobiliario, desmonte de teitos e demolición de tabiquerías na planta soto-1 do Materno-infantil. Tamén se realizou o desmonte, as desconexións, os desvíos e a anulación das instalacións afectadas, nas áreas das antigas cociñas, cafetería e comedores. Unha vez desocupadas estas zonas, procederase á súa demolición, xa que nese espazo implantarase a nova unidade de Medicina Nuclear.
Na zona do novo edificio de hospitalización, tras a retirada da antiga pasarela de unión do edificio Xeral co Materno Infantil e dos accesos ás antigas Urxencias e peiraos de carga, realizáronse os desvíos de servizos afectados e avánzase agora coas escavacións.
Tamén se procedeu ao corte e demolición dos forxados dos edificios Xeral e a antiga cafetería, así como corte e demolicións da galería enterrada, muros e cimentacións existentes afectados pola implantación do novo edificio, situando a escavación na cota de cimentación da nova edificación. Ademais, está analizándose o terreo para dimensionar a zapata do guindastre para executala e poder montar a infraestrutura nesta segunda quincena de novembro.
En paralelo, séguese avanzando coas inspeccións estruturais do Edificio Materno, así como a inspección e rexistro do resto de instalacións e servizos afectados pola ampliación, nas que foi posible acceder sen interromper a dinámica normal do servizos sanitarios.
Para o traslado de espazos, están a instalarse os módulos de vestiarios de persoal provisionais para poder habilitalos nos próximos días.
Actuación estratéxica cun investimento de 52,6M€
O Goberno galego destina un investimento de preto de 52,6 millóns de euros a esta actuación estratéxica para a provincia de Ourense, que ademais xerará case 1.000 empregos.
As obras, cofinanciadas con fondos europeos FEDER, consisten na construción dun novo edificio de hospitalización e na reforma do actual Hospital Materno Infantil, ao tempo que se melloran os accesos.
En total, vaise actuar sobre 33.000 m², dos cales máis de 19.000 serán de reforma e preto de 14.000 m² de nova construción, incrementando a superficie construída do hospital nun 11% ata superar os 136.000 m².
O novo edificio de hospitalización terá 12 plantas e disporase entre o oeste do antigo edificio Materno Infantil e o Hospital Cristal.
No Hospital Materno Infantil levarase a cabo unha reforma integral, para a súa posta en valor e mellora da funcionalidade, conservándose só a súa estrutura.
Unha vez realizadas estas actuacións permitirán poñer á disposición dos veciños de Ourense unha área pediátrica con 38 camas; área de neonatoloxía, con UCI pediátrica; e zona de urxencias pediátricas e de urxencias obstétricas, entre outras. Ademais, tamén se dotará o complexo de área de radioloxía, de diálise, hospitalización obstétrica, con 56 camas, e hospitalización convencional, con 280 camas.
As actuacións forman parte do proxecto de futuro para a sanidade pública de Ourense, que supuxo poñer en marcha no que vai de lexislatura investimentos por máis de 80 M€, entre obras e novos equipamentos, no hospital público desta cidade."
A XUNTA INVISTE MÁIS DE 80 MILLÓNS DE EUROS NO QUE VAI DE LEXISLATURA PARA AMPLIAR AS INSTALACIÓNS E MELLORAR O EQUIPAMENTO DO HOSPITAL DE OURENSE
Salientar que o pasado día 9 o conselleiro de Sanidade, Julio García
Comesaña, informaba no Parlamento de Galicia, das vindeiras actuacións que
levará a cabo a Xunta no Hospital Universitario de Ourense.
O titular da Sanidade galega informou que
durante a presente lexislatura o Executivo galego acometerá tres grandes
actuacións no hospital ourensá, remarcando que, todas elas, xa foron
adxudicadas.
En segundo lugar, a Xunta tamén comezará este
mesmo mes a construción da nova Unidade de Medicina Nuclear, unha obra cuxo
contrato ascende até os 2,8 millóns de euros e co que se conseguirá triplicar o
espazo deste servizo. Ademais tamén vai permitir acoller un equipo PET, que se
instalará por primeira vez na área sanitaria de Ourense.
A terceira grande actuación no CHUO, durante
a presente lexislatura, será a reforma da Unidade de Críticos (UCI), adxudicada
o pasado mes de marzo, e cuxa redacción de proxecto xa foi entregada pola
empresa. Sobre a mesma, ampliou o conselleiro “os técnicos do Sergas están a
supervisar agora o proxecto de execución para iniciar as obras antes de rematar
o presente ano”. Estes traballos, representarán un investimento de 8,2 millóns
de euros, e permitirán aumentar nun 30% o número de camas.
Durante a súa intervención, García Comesaña
lembrou que “queda pendente unha cuarta obra, a que reformará as áreas de
Cardioloxía e Radioloxía intervencionistas”. Así, detallou que os 2’7
millóns precisos para a súa licitación, xa se atopan incorporados no proxecto
de Orzamentos do vindeiro ano 2023.
En termos globais, as obras
do Hospital Universitario de Ourense acadan os 62 millóns de
euros, segundo precisou o conselleiro de Sanidade, ao tempo que salientou a súa
intención de “pechar o deseño deste hospital antes de rematar esta lexislatura,
cos futuros edificios ambulatorio e administrativo”.
Renovación e ampliación de equipamento
Nomeadamente, desde hai máis de un ano, o
Hospital de Ourense conta con un dos sete equipos de cirurxía robótica
adquiridos pola Xunta, e cuxo valor ascende até os 2,9 millóns cada un
Así mesmo, arestora estase a iniciar o
proceso de renovación de equipamento a través dos fondos Next Generation. Neste
senso, a Xunta canalizou un total de 13 millóns de euros para renovar e dotar
de novo equipamento ao centro hospitalario ourensá.
Por unha banda, estanse renovar e actualizará
algúns dos equipos cos que xa contaba o centro. Entre eles, destacan a
renovación de 2 aceleradores lineais, 2 gamma-cámaras, un equipo de radioloxía
vascular, un equipo de hemodinámica, ou 4 novos equipos TC (un deles, por
primeira vez, con tecnoloxía espectral).
O Executivo galego tamén está a empregar
estes fondos para dotar á área de Ourense con equipos cos que até o de agora
non contaba. Neste apartado, destaca o novo equipo PET-TC, que evitará que os
ourensáns se teñan que desprazar ata Vigo para realizar estas probas
(adxudicado por 1,5 M€); ou o novo equipo de neurorradioloxía vascular
intervencionista (adxudicado por 1,2 M€), que permitirá que o Hospital de
Ourense conte cunha unidade completa de ictus.
Máis alá da cirurxía robótica e da alta
tecnoloxía, o Hospital universitario de Ourense está a experimentar renovacións
importantes de equipamento noutros dous ámbitos.
En primeiro lugar, no eido da imaxe médica,
onde xa están instalados no hospital 9 novos ecógrafos, que supuxeron un
investimento de máis de 900.000 €.
Ademais, en canto á licitación de sistemas de
anestesia, iniciado en setembro, contémplase a renovación de 6 equipos no
hospital de Ourense, por un valor de máis de 300.000 euros.
As novas infraestruturas e a mellora do
equipamento do hospital público de referencia provincial permitirán que a
cidadanía de Ourense conte cuns espazos máis amplos e confortables, ademais de
poñer a súa disposición tecnoloxía diagnóstica punteira e o mellor equipamento
posible para garantir uns servizos asistencias de máxima calidade.