jueves, 24 de noviembre de 2022

Os deputados galegos do PP volven solicitar a comparecencia da ministra e da secretaria de Estado de Transportes no Congreso para abordar o colapso do viaduto da A-6


Difundimos hoxe desde o PP de Galicia esta nota de prensa:

"Os deputados galegos do PP volven solicitar a comparecencia da ministra e da secretaria de Estado de Transportes no Congreso para abordar o colapso do viaduto da A-6.

Insisten os populares en que “esta vía de comunicación é esencial para Galicia e para Castela e León” e, polo tanto, urxen ao seu restablecemento unhas vez coñecidas as conclusións preliminares sobre as causas do seu derrubamento.

 Solicitan ademais unha serie de documentos relativos a esta infraestrutura como son os informes de inspección realizados durante as obras de reparación ou os contratos coas empresas que interviñeron nos traballos.

24, novembro, 2022. Os deputados galegos do Partido Popular no Congreso volven solicitar, como xa fixeran en xuño, a comparecencia da ministra e da secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para informar sobre as causas do colapso do viaduto do Castro na A-6, así como sobre o cronograma e o orzamento previstos para a súa reparación e restablecemento.

Insisten os populares en que “esta vía de comunicación é esencial para Galicia e para Castela e León” e, polo tanto, urxen ao seu restablecemento unhas vez coñecidas as conclusións preliminares sobre as causas do seu derrubamento. De aí que rexistraran esta mesma semana a solicitude de comparecencia de Raquel Sánchez e Isabel Pardo de Vera na Comisión de Transportes da Cámara Baixa.

Celso Delgado, Jaime de Olano, Joaquín García, Ana Vázquez solicitaron ademais ao Ministerio unha serie de informes e documentos relativos ao colapso da A-6 como son: os informes de inspección periódica do viaduto do Castro desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o mes de marzo de 2021, o informe de inspección especial realizado en abril de 2021 e no que aflorou o gran deterioro dos cables, o expediente de declaración de emerxencia das obras, os contratos coas diferentes empresas, a memoria e o orzamento das obras de reparación, os informes de vixilancia e seguridade emitidos ao largo da execución das obras de emerxencia ou os informes das inspeccións principais e especiais realizadas sobre os viadutos de Valenzá e Arnoia na A-52 e do Manzanal na A-6.”