domingo, 6 de noviembre de 2022

A Xunta destinará o vindeiro ano 4,8 m€ ás bonificacións e conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas, o que beneficiará a 26.500 usuarios cada día

 

O pasado do venres o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, que compareceu na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia para presentar as contas do departamento para 2023, que ascenden a 283,8 M€, 13 M€ máis que o presente exercicio.


Nela explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nos Orzamentos do próximo ano aumenta nun 86% a partida dirixida a continuar coas bonificacións que se veñen aplicando nas autoestradas autonómicas -por recorrencia, a familias numerosas e en horario nocturno- e a conxelar o prezo das peaxes, contribuíndo, deste modo, a moderar os efectos da inflación no peto das familias, evitando unha suba do 7,3% nas peaxes derivada do IPC o vindeiro 1 de xaneiro.

 

Francisco Menéndez lembrou que xa en 2022 a Xunta decidiu limitar a suba derivada do IPC ao 2,5%, fronte ao 5% que lle correspondería, asumindo a Xunta a metade dese incremento.


Deste xeito, incidiu, as autoestradas autonómicas seguirán a ter as tarifas máis baixas da comunidade e continuarán estando entre as máis baratas de España algo que, dixo, é previsible que suceda coas autoestradas estatais AP-9 ou coa AP-53, ao non prever o Goberno de España unha medida similar á que aplicará a Xunta nas autoestradas da súa titularidade.

 

Lembrou que, a día de hoxe, e aínda coas bonificacións implantadas, a autoestrada estatal AP-9 segue a ter un custo medio por quilómetro para os usuarios de 6,12 céntimos, mentres que nas autoestradas autonómicas ese custo medio é de 5,67 céntimos.

 

Ademais, no caso da outra autoestrada estatal, AP-53, ten o custo máis alto de Galicia, con 7,77 céntimos por quilómetro, e tamén se sitúa no máis alto do conxunto de España.