sábado, 29 de octubre de 2022

Rueda asegura que Lugo e España necesitan gobernos do PP, os únicos que poden aportar aos cidadáns “certezas e solucións”

O presidente do PP de G, Alfonso Rueda, sinalou hoxe en Lugo que “O camiño que fixemos xuntos ata o de agora seguirémolo facendo xuntospara que Alberto Núñez Feijóo sexa presidente de España, para que Elena Candia sexa alcaldesa de Lugo e para que o PPdeGacade a quinta maioría absoluta”, subliñou.

 

• De cara aos vindeiros comicios municipais, incidiu na necesidade de presentar unha alternativa da man dos veciños, escoitar e tomar nota das súas necesidades,  e saber renovar ideas e propostas. “Abramos o partido á xente”, di salientado a importancia de continuar unidos para conseguir grandes obxectivos.

 

• Asegurou que Lugo precisa un cambio e resaltou que a candidata do PP á Alcaldía leva meses “escoitando, pateando e traballando con ganas, coas cousas claras e con vontade de ser alcaldesa de Lugo e de continuar tendo na provincia un partido forte que fai as cousas ben”.

 

• Feijóo foi o mellor presidente da Xunta e será o mellor presidente de España” dixo  sobre o “magnífico” labor do presidente do Partido Popular, lembrando que en Galicia deixou un partido unido que hoxe segue traballando e está plenamente mobilizado para acadar os mellores resultados.

 

• Sinalou que, malia ter por diante unha situación económica moi difícil, os populares seguen traballando para estar á altura, como demostra a aprobación do Orzamentos da Xunta para 2023, nos que tres de cada catro euros destínanse a apoiar ás familias, ás empresas a todos aqueles que máis precisan a axuda das administracións: “Para todo isto é a política e para todo isto é o Partido Popular”.

 

• Lamentou que a Comunidade estea perdendo oportunidades por culpa dun Goberno central que promete fondos europeos a iniciativas que non existen, mentres proxectos “perfectamente deseñados e preparados” como o de Altri, en Palas de Rei, seguen agardando unha resposta dende hai meses. “Galicia non lle queren quitar nada a ninguén, pero temos dereito ao que nos corresponde”, concluiu.