sábado, 22 de octubre de 2022

Na presentación de candidatos di PP de G ás alcaldías das 7 grandes cidades



Asisto hoxe en Santiago ao acto que o Partido Popular de Galicia celebrou para a presentación de candidatos e candidatas ás alcaldías das 7 grandes cidades coa presencia do 
presidente autonómico Alfonso Rueda Valenzuela.

presidente dos populares galegos,  afirmou que o partido ten “os mellores equipos”, que levan meses traballando, escoitando e tomando nota” do que lles din os veciños: “A política máis próxima é a que mellor sabemos facer e quedan sete meses para que a xente se convenza de que os nosos candidatos merecen a súa confianza”.

“Só vale gañar con maioría absoluta”, manifestou recoñecendo que non se resigna aos pactos de perdedores e explicando que gobernar consiste en “ser eficaces e útiles” e en cumprir cos programas electorais.

Declarou que “son unha maioría os que queren ser veciños orgullosos das súas cidades, dentro dunha Galicia global que colabora entre ela e fóra de localismos absurdos que non fan máis que desgastar”.

OS SETE MELLORES CANDIDATOS

Pediu aos candidatos que “pateen, escoiten, lideren, convenzan e sigan facendo o que están facendo: “O PP ten que ser o partido de todos os barrios das sete cidades e do resto de concellos de Galicia”.

Insistiu en ser a formación “dos veciños”, atendendo ás súas necesidades para marcar as prioridades do proxecto dos populares: “Non queren que perdamos o tempo en liortas de socios de goberno que pensan que a ideoloxía está por riba dos programas. Esa forma de facer política non vai co PP”.

“A valentía e a coherencia sempre teñen recompensa e a ti sóbranche esas calidades”, dixo sobre Marta Fernández-Tapias tras cuestionar os intentos de humillación que sofre a candidata en Vigo por parte do alcalde e do seu equipoinstalados na confrontación: “É un tipo de política que ten as horas contadas”.

Salientou a “empatía, proximidade capacidade de escoita” de Miguel Lorenzo, incidindo na importancia de que A Coruña recupere “a potencia, vangardismo e condición de cidade sempre aberta”.

Lembrou que Manuel Cabezas “nunca perdeu esa cara de alcalde eficazque fixo cousas lexendarias en Ourense”, quen se presenta de formavalente e decidida para que a súa urbe volva ter “o prestixio e o lugar que nunca debeu perder”.


Remarcou “a capacidade de traballo o tesón e a firmeza” de Elena Candiapara cumprir os seus compromisos cos veciños: “É unha magnífica presidenta provincialfoi unha magnífica alcaldesa de Mondoñedo e agora dá un paso para ser a primeira alcaldesa do PP en Lugo”.

Indicou que Rafa Domínguez leva catro anos traballando cun equipo unido “que non descansou un só día“Gústanos Pontevedra, pero Pontevedra non é patrimonio de ninguén, construímola entre todos”, di engadindo que hai que acabar coa “resignaciónautocomplacencia e a inercia.

Agradeceu que José Manuel Rey volva optar á Alcaldía de Ferrol, recordando que a cidade “non pode agardar máis para volver ter ao rexedor que máis traballou pola urbe e que, tras gañar “indiscutiblemente” as últimas eleccións, tivo que ver como outros finxían que gañaban, pero non puideron finxir que gobernaban.

“Santiago precisa un alcalde con brío e con empuxe como Borja Verea”, admitiu poñendo en valor o labor do candidato percorrendo os barrios “con humildade” co obxectivo de que Compostela volva “acelerarse”. 


O MODELO DE ESTABILIDADE E RIGOR


Subliñou a necesidade de aplicar en todas as cidades “o modelo deestabilidade e de rigor da Xunta de Galicia”, subliñando que o Goberno galego ven de aprobar os Orzamentos máis altos e máis sociais da nosa historia en tempo e forma, deseñados para axudar aos cidadánscon máis potencia e máis cartos que nunca.


Asegurou  que Galicia seguirá baixando a débeda pública, atendendo aos que máis o precisan, apoiando aos emprendedores e baixandoimpostos. “Síntome lexitimado para pedir o mesmo ao resto de Administracións”, recalcou esixindo ao Goberno central que “seriedade eestabilidade” coa política fiscal.

Xa basta de ter miles de millóns de euros estancados dos PERTEmentres hai proxectos en Galicia que crearían miles de postos de traballo que seguen esperando por unha noticia que non chega. Xa está ben de propaganda”resaltou  cuestionando a xestión do Executivo de Pedro Sánchez.