|
|
|
|
|
|
“O
PP de Ourense está perfectamente preparado para afrontar un curso político que
será clave para o futuro desta cidade”, resaltou Manuel Cabezas, que valorou a
importancia de contar con “este sobresaínte equipo de persoas disposto a
acometer a segunda gran transformación da nosa cidade, a través dun proxecto
tan ilusionante como dinámico e aberto a toda a cidadanía”.
Na
reunión estiveron presentes o secretario xeral do PP de Ourense, Jorge Pumar; o
vicesecretario, Francisco Javier Rodríguez-Novoa; xunto aos secretarios
executivos, presidentes de distrito, coordinadores de área e vogais.
“Estamos
no bo camiño”, sinalou Manuel Cabezas sobre a nova etapa aberta polo partido na
cidade antes de situar o foco no traballo que realizarán nas próximos semanas:
“Estamos escoitando á cidade, porque contamos con todos os cidadáns para
deseñar o Ourense do futuro, que construiremos a través da política útil,
moderada e sensata, na que non hai espazo para os insultos nin os
comportamentos tóxicos”.
O
presidente local do PP e candidato ás eleccións municipais de 2023 amósouse
contundente coa consecución dos obxectivos marcados: “Entre todos construiremos
unha proposta recoñecible e transformadora, coa que conseguiremos a maioría
absoluta o 28 de maio e iniciaremos ese gran cambio na xestión municipal que
permitirá volver a ter o Ourense que Ourense merece”.