jueves, 22 de septiembre de 2022

As Cortes Xerais aproban definitivamente a derrogación do voto rogado para os inscritos no Censo Electoral de Residente Ausentes

 


O pasado 9 de xuño tivo lugar no Pleno do Congreso o debate da Proposición de Lei Orgánica de reforma para a regulación do exercicio do voto polos españois que viven no estranxeiro

Sometida a votación foi aprobada por 339 votos a favor, 1 voto en contra (BNG) e 2 abstencións.

Blog de Celso Delgado: Celebramos la supresión del voto rogado y asi cumplir con el compromiso que teníamos con los españoles que residen fuera de nuestras fronteras

Onte debateuse no Senado a Proposición de Lei Orgánica de reforma da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral, para a regulación do exercicio do voto polos españois que viven no estranxeiro.

Esta Proposición de Lei Orgánica foi aprobada definitivamente por unanimidade.

Celebro con PP de Galicia e coa Xunta de Galicia esta aprobación, porque consideramos de xustiza, a derrogación do voto rogado e a súa substitución por outro procedemento que favoreza o voto en urna e facilite a participación sen minguar as garantías para os inscritos no Censo Electoral de Residente Ausentes (CERA).

Hai que lembrar que no voto rogado a comunidade da diáspora tiña que solicitar antes de cada comicios a súa participación, que se realiza de xeito semellante ao voto por correo en España, pero en moitos casos sen mesmas  facilidades. Precisamente, a participación caeu do 30 a arredor do 5% desde a aplicación do voto rogado, en 2011.

Coa eliminación do voto rogado, apóstase por un sistema áxil, seguro e transparente para facilitar o acceso ao voto a todos os galegos residentes no exterior. 

Mentres que o voto por correo manteríase como unha opción válida para aquelas persoas que non poidan achegarse aos lugares establecidos.  

Nesta reforma propuxemos multiplicar os puntos de depósito de voto, anticipar todo o posible o envío de documentación, facilitar o acceso ás papeletas de xeito telemático así como ao resto de documentación nos lugares de depósito de voto, ampliando os prazos para emitilo e para facer o reconto e mellora das garantías na emisión e na custodia.