Para o conxunto estatal a cifra de
afiliacións sitúase en 20.340.964, rexistrando un descenso do 0,04% con
respecto ao pasado mes de xuño.
Na comparativa interanual (xullo de 2022
con xullo de 2021) obsérvase un aumento de 21.921 afiliacións no total do
sistema en Galicia (2,12%) e un aumento do 3,82% (749.236 afiliacións) no
conxunto estatal.
Por comunidades autónomas e con respecto ao
mes de xuño de 2022, rexístrase unha subida das afiliacións en oito comunidades
autónomas, destacando Illes Balears (2,34%), mentres que en nove comunidades
autónomas baixan as afiliacións, destacando La Rioja (-1,61%).
En canto ás taxas con respecto ao mesmo mes
do ano anterior, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades autónomas.
Os aumentos máis acusados prodúcense en Illes Balears e Canarias con taxas superiores
ao 5,00%.
Datos
de afiliacións por provincias
O número medio de afiliacións á Seguridade
Social aumentou con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias
galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións
cunha taxa de variación interanual do 2,75%, o que supón 12.150 afiliacións
máis, seguida de Pontevedra (1,91%), Lugo (1,38%) e, por último, Ourense
(1,03%).
No que respecta ás afiliacións medias deste
mes de xullo con respecto ás do mes de xuño, rexistrouse en Galicia un
incremento do 0,92%. Pontevedra presenta o maior incremento cunha taxa de
variación intermensual do 1,35%, seguida de Lugo (1,25%), A Coruña (0,63%) e
Ourense (0,27%).
Información segundo réxime de afiliación
As afiliacións ao réxime xeral, que representan o 78,43% das afiliacións galegas en xullo de 2022, aumentaron un 1,15% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento do 2,94%. En España estas taxas foron do 0,01% con respecto a xuño de 2022 e do 4,51% en relación ao mes de xullo de 2021. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (73,02%).
Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, as catro provincias galegas amosan unha taxa de variación interanual negativa; Lugo (-1,77%), Ourense (-1,23%), A Coruña (-0,44%) e Pontevedra (-0,43%). A media da comunidade galega sitúase entón no -0,73%.
Para este
réxime e con respecto ao mes de xuño de 2022, sobe Pontevedra (0,05%) e baixan
Ourense (-0,45%), Lugo (-0,32%) e A Coruña (-0,16%), resultando para o conxunto
de Galicia unha taxa intermensual do -0,15%. As taxas nacionais para este
réxime presentan unha subida interanual do 0,54% e unha baixada intermensual do
0,31%.
No que respecta ao réxime especial do mar,
con respecto a xullo de 2021, caen Pontevedra (-1,77%), Lugo (-0,47%) e A
Coruña (-0,44%). A taxa galega acada entón o -1,31%, inferior á de España
(1,98%). Con respecto a xuño de 2022, Lugo, Pontevedra e A Coruña presentan un
aumento do 3,39%, 2,99% e 2,26% respectivamente. A taxa galega amosa un
incremento do 2,82% con respecto a xuño de 2022. A taxa nacional é do 3,07%