viernes, 3 de junio de 2022

En maio medran as afiliacóns á Seguridade Sopcial: en España un 1,07%, en Galicia un 0,65% e en Ourense un 0,66 %

Onte o Instituto Galego de Estatística publicou un informe dando a coñecer que o número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de maio do ano 2022 acadou a cifra de 1.040.748 para o total do sistema, o que supón un aumento respecto ao pasado mes de abril de 2022 de 6.751 afiliacións (0,65%).

Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 20.232.723, rexistrando un aumento do 1,07% con respecto ao pasado mes de abril.

Na comparativa interanual (maio de 2022 con maio de 2021) obsérvase un aumento de 30.220 afiliacións no total do sistema en Galicia (2,99%) e un aumento do 5,01% (965.502 afiliacións) no conxunto estatal.

Por comunidades autónomas e con respecto ao mes de abril de 2022, rexístrase unha subida das afiliacións nas dezasete comunidades autónomas, destacando Illes Balears (9,37%). En canto ás taxas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Illes Balears, Canarias, Comunitat Valenciana e Andalucía con taxas superiores ao 5,00%.

Datos de afiliacións por provincias

O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 3,60%, o que supón 15.635 afiliacións máis, seguida de Pontevedra (2,75%), Lugo (2,33%) e, por último, Ourense (2,00%).

No que respecta ás afiliacións medias deste mes de maio con respecto ás do mes de abril, rexistrouse en Galicia un incremento do 0,65%. Pontevedra presenta o maior incremento cunha taxa de variación intermensual do 0,87%, seguida de Ourense (0,66%), Lugo (0,52%) e A Coruña (0,51%).

Información segundo réxime de afiliación

As afiliacións ao réxime xeral, que representan o 78,12% das afiliacións galegas en maio de 2022, aumentaron un 0,84% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento do 3,95%. En España estas taxas foron do 1,21% con respecto a abril de 2022 e do 5,84% en relación ao mes de maio de 2021.

Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (72,47%). Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Pontevedra (0,17%) amosa a taxa de variación interanual máis positiva, e Lugo (-1,50%) a máis negativa. A media da comunidade galega sitúase entón no -0,26%. Para este réxime e con respecto ao mes de abril de 2022, soben Pontevedra (0,23%) e A Coruña (0,09%) mentres que baixan Ourense (-0,08%) e Lugo (-0,02%) , resultando para o conxunto de Galicia unha taxa intermensual do 0,10%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha subida interanual do 1,07% e intermensual do 0,32%.

No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a maio de 2021, caen Lugo (-3,25%), A Coruña (-1,06%) e Pontevedra (-0,28%). A taxa galega acada entón o -0,72%, inferior á de España (3,07%). Con respecto a abril de 2022, Pontevedra presentan un aumento do 0,24%, mentres que A Coruña e Lugo presentan unha baixada do -3,91% e -0,50% respectivamente. A taxa galega amosa unha diminución do 1,00% con respecto a abril de 2022. A taxa nacional é do 2,48%.