jueves, 9 de junio de 2022

O PPdeG demanda no Congreso a activación do relatorio lexislativo para a transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia

 

Hoxe os deputados do PPdeG Celso Delgado e Jaime de Olano, relatores na tramitación da “Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia”, demandaron a activación do relatorio de dita iniciativa logo de máis de oito meses de inxustificable parálise.

 

A través dun escrito rexistrado no Congreso e dirixido á Mesa da Comisión de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, piden que se acorde a convocatoria dese relatorio co fin de levar a cabo os traballos correspondentes para a elaboración do Informe e que se deixe definitivamente de obstaculizar ao mesmo, coa evidente vulneración dos procedementos regrados.

 

Os deputados poñen de manifesto o seguinte:

 

“PRIMERO: Que el 3 de diciembre de 2019 inició su tramitación en la Cámara la Proposición de Ley Orgánica de transferencia de la titularidad y competencias de la autopista AP-9 a la Comunidad Autónoma de Galicia y el debate de toma en consideración tuvo lugar el 2 de febrero de 2021.

 

SEGUNDO: Tomada en consideración la Proposición de Ley Orgánica, la Mesa de la Cámara, en su reunión del día 9 de febrero de 2021 , acordó encomendar Dictamen sobre la misma a la Comisión de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, así como, de conformidad con lo dispuesto en los artículos 93.1 y 126.5 del Reglamento, disponer su tramitación por el procedimiento de urgencia, abriéndose un plazo de ocho días hábiles que expiraba el día 22 de febrero de 2021, para la presentación de enmiendas, plazo que se fue prorrogando sucesivamente hasta concluir el 16 de junio de 2021.

 

TERCERO: El 21 de septiembre de 2021, tuvo lugar la reunión constitutiva de la Ponencia y desde aquella fecha, transcurridos ya  más de ocho meses, la misma no se ha vuelto a reunir para llevar a cabo sus trabajos, lo cual constituye una clara anomalía intolerable, habida cuenta de que se acordó, además, su tramitación por el procedimiento de urgencia.

 

CUARTO: Que según establece el punto 3. del artículo 43 del vigente Reglamento de la Cámara, “Las Comisiones deberán concluir la tramitación de cualquier asunto en un plazo máximo de dos meses, excepto en aquellos casos en que la Constitución o este Reglamento impongan un plazo distinto o la Mesa de la Cámara, atendidas las circunstancias excepcionales que puedan concurrir, acuerde ampliarlo o reducirlo”.

 

QUINTO: Que, asimismo, en virtud del artículo 94 RC, que desarrolla el procedimiento de urgencia en la tramitación legislativa, “Sin perjuicio de lo establecido en el artículo 91 del presente Reglamento, los plazos tendrán una duración de la mitad de los establecidos con carácter ordinario”, plazos que han sido ampliamente superados, con vulneración de lo previsto en el Reglamento.”

 

AS EMENDAS DO PARTIDO POPULAR


Cómpre recordar que os deputados galegos rexistraron o 16 de xuño de 2022 as emendas a esta PLO, que pretenden garantir que o traspaso da autoestrada veña acompañada dos recursos económicos necesarios para unha óptima xestión da infraestrutura ao servizo dos galegos, tanto no presente como nos anos futuros. “O obxectivo é que funcione de forma efectiva como un factor de vertebración territorial, de calidade de vida e competitividade económica”, subliñou Delgado.

 

“Debemos evitar que a transferencia se converta nunha carga económica para a Administración autonómica e que esta teña que asumir cuestións como o custo das bonificacións ou o financiamento das obras necesarias, na súa maior parte programadas e comprometidas desde hai anos”, insistiu o deputado mentres aclara que aceptar iso equivalería a condenar aos galegos para pagar dúas veces a autoestrada, pola vía das peaxes e pola dos recursos públicos. “As nosas emendas van encamiñadas a preservar e defender  por encima de todo, os lexítimos intereses dos galegos”, engadiu.

 

Así mesmo, manifestou que a transferencia debe incluír os recursos necesarios para manter durante todo o período concesional un sistema de bonificacións que contribúa a paliar o impacto das peaxes nos usuarios e a reducir o agravio que sofre Galicia en relación co resto do territorio español, no que as peaxes están a ser progresivamente liberadas: “Isto é máis necesario tendo en conta o carácter periférico do territorio”.

 

“Consideramos que as emendas presentadas polo GPP son xustas, equitativas e tamén asumibles, dado que as obras necesarias na autoestrada que se solicitan e as bonificacións foron comprometidas pola Administración Xeral do Estado”, resaltou.

 

A POSTURA DO PSOE E DO BNG

Como lamentou Celso Delgado, o Grupo Parlamentario Socialista presentou emendas á PLO que acreditan que están en contra de que a AP-9 sexa unha autoestrada de titularidade galega.

 

O PSOE aposta deste xeito por desactivar a transferencia e limitala a un traspaso unicamente da responsabilidade da administración e explotación da autoestrada sen ningunha capacidade de xestión. “Pretenden que a titularidade da AP-9 quede en mans do Estado, como ata agora. O que fai o PSOE coas emendas que presentou é desactivar a transferencia e limitar a súa xestión, e iso non é serio”, remarcou o deputado.

 

Pola súa banda, o BNG non presentou emendas, renunciando a mellorar o texto aprobado no Parlamento de Galicia. “Agardamos que finalmente o BNG de Ana Pontón e Néstor Rego responda ao interese xeral de Galicia e apoie tamén as emendas do GPP, que permiten blindar na lei que a transferencia tradúzase nunha xestión da autoestrada máis xusta para Galicia e para os galegos. Non se entendería, que apoiase as posicións restritivas dos socialistas o se puxesen de perfil”, sentenciou Delgado.