domingo, 22 de mayo de 2022

Relevo na presidencia do Comité de Dereitos e Garantías do PP de G, tras dezaseis anos nesa responsabilidade

Onte o presidente da Xunta e candidato a presidir o PP de Galicia, Alfonso Rueda, presentou ao novo equipo.

No  seu discurso, recoñeceu  o meu traballo de moitos anos á fronte da presidencia do Comité de Dereitos e Garantías do partido, e deu a coñecer que me substituirá no posto, a pontevedresa Lupe Murillo Solís, que era a actual secretaria.

O Comité de Dereitos e Garantías é o órgano encargado de garantir o exercicio dos dereitos das persoas afiliadas, instruír e resolver os procedementos disciplinarios que na orde interna se sigan contra as mesmas e aplicar, no seu caso, o réxime sancionador derivado dos Estatutos do Partido Popular e de resolver os conflitos que poidan xurdir entre as diversas organizacións territoriais do Partido en Galicia. Levaba eu nesta responsabilidade 16 anos, feito que debo agradecer a inmensa confianza que o partido depistou na miña persoa.

Agradezo polo tanto moitísimo as palabras de Alfonso Rueda e alégrome especialmente pola elección de Lupe, xa que é unha persoa moi competente, emprendedora e que reúne todas as calidades para desempeñar ese posto.

Licenciada en Dereito. É directora xeral de Conservas  Pescamar. En 2014 foi  elixida presidenta do Pontevedra CF e tamén é secretaria do Consello de Administración do Obradoiro CAB. É deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia.

A miña felicitación máis  efusiva para Lupe.