miércoles, 18 de mayo de 2022

Adiante a tramitación parlamentaria da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante para que respete a toponimia oficial da Comunidade Autónoma de Galicia

O Pleno do Congreso acordou hoxe iniciar a tramitación da Proposición de Lei para a modificación do Real Decreto Lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante. 

O Congreso aprobou por 280 votos a favor, 62 votos en contra e 2 abstencións a toma en consideración desta iniciativa do BNG, partido integrado no Grupo Parlamentario Plural, que agora comeza a súa tramitación parlamentaria.

Este texto preséntase co obxectivo, tal e como indica na súa exposición de motivos, "de que na normativa estatal que regula as provincias e os distritos marítimos, así como a matriculación e rexistro dos buques, respéctense as denominacións oficiais tanto das provincias e dos distritos marítimos, así como dos accidentes xeográficos que os limitan". 

A través desta iniciativa engádese unha nova disposición adicional ao Real Decreto Lexislativo 2/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante. Desta maneira, a iniciativa establece que "os topónimos oficiais das Capitanías Marítimas, dos Distritos Marítimos e dos accidentes xeográficos que os limitan, situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galiza, terán a forma establecida ao amparo do disposto na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, aprobada polo Parlamento de Galiza".

Así mesmo, esta proposición de lei establece a modificación do "folio de matriculación da provincia marítima de Vilagarcía de Arousa", de forma que este pase para conter a expresión " VIL", en lugar de " VILL", como mantén na actualidade.

O Grupo Parlamentario Popular apoiou onte 17 de maio, a toma en consideración. Así o deputado lucense  Joaquin García Díez  na súa intervención destacou que  a Lei 3/1983, de Normalización Lingüística foi elaborada por un goberno do Partido Popular 

Tramitación parlamentaria

A tramitación parlamentaria da proposición de lei, unha vez superado este primeiro exame parlamentario, comezará coa súa remisión á comisión competente e a apertura do prazo de presentación de emendas que, tal e como subliña o artigo 126.5 do Regulamento do Congreso, poderán ser á totalidade de texto alternativo ou ao articulado. 

En caso de presentarse emendas á totalidade, o texto deberá superar o debate de totalidade #ante o Pleno. Posteriormente, a iniciativa continuará a súa tramitación en relatorio e comisión antes da súa remisión ao Senado, onde continuaría a súa tramitación parlamentaria.