Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 20.019.080, rexistrando un aumento do 0,93% con respecto ao pasado mes de marzo. Na comparativa interanual (abril de 2022 con abril de 2021) obsérvase un aumento de 32.004 afiliacións no total do sistema en Galicia (3,19%) e un aumento do 5,06% (963.782 afiliacións) no conxunto estatal.
Por comunidades autónomas e con respecto ao mes de marzo de 2022, rexístrase unha subida das afiliacións nas dezasete comunidades autónomas, destacando Illes Balears (10,91%). En canto ás taxas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Illes Balears, Canarias, Comunitat Valenciana e Andalucía con taxas superiores ao 5,00 %.
Datos de afiliacións por provincias
O número medio de
afiliacións á Seguridade Social aumentou con respecto ao mesmo mes do ano
pasado en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a
maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 3,97%, o que
supón 17.085 afiliacións máis, seguida de Pontevedra (2,72%), Lugo (2,59%) e,
por último, Ourense (2,26%). No que respecta ás afiliacións medias deste mes de
abril con respecto ás do mes de marzo, rexistrouse en Galicia un incremento do
0,54%. A Coruña presenta o maior incremento cunha taxa de variación
intermensual do 0,70%, seguida de Lugo (0,56%), Pontevedra (0,48%) e Ourense
(0,02%).
Información segundo réxime de afiliación
As afiliacións ao réxime xeral, que representan o 77,98% das afiliacións galegas en abril de 2022, aumentaron un 0,69% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento do 4,19%. En España estas taxas foron do 1,06% con respecto a marzo de 2022 e do 5,88% en relación ao mes de abril de 2021. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (72,32%).
Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Pontevedra (0,31%) amosa a taxa de variación interanual máis positiva, e Lugo (-1,48%) a máis negativa. A media da comunidade galega sitúase entón no -0,14%. Para este réxime e con respecto ao mes de marzo de 2022, soben A Coruña (0,12%) e Lugo (0,04%) mentres que baixan Pontevedra (-0,12%) e Ourense (-0,05%) , resultando para o conxunto de Galicia unha taxa intermensual do 0,01%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha subida interanual do 1,21% e intermensual do 0,27%.
No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a abril de 2021, caen Lugo (-2,98%) e Pontevedra (-1,05%) e sube A Coruña (1,30%). A taxa galega acada entón o -0,53%, inferior á de España (1,30%). Con respecto a marzo de 2022, Pontevedra e Lugo presentan un aumento do 0,40% e 0,21% respectivamente, mentres que A Coruña presenta unha baixada do 1,11%. A taxa galega amosa unha diminución do 0,05% con respecto a marzo de 2022. A taxa nacional é do 3,19%