Esta mañá fun ata Taboadela para ver os primeiros traballos das obras da variante ferroviaria exterior, y en concreto do tramo Taboadela-Túnel de Rante que foi adxudicado en decembro á UTE formada por Construcións Sánchez Domínguez e Rover Infraestruturas por 83.443.980,59 euros (IVE incluído).
O contrato comprenden a execución das obras de plataforma (infraestrutura) do tramo, incluída a capa inferior de balasto, sendo obxecto doutros contratos posteriores a superestrutura (vía) e o resto das instalacións ferroviarias (electrificación, sinalización, comunicacións, etcétera).
Puiden ver como xa foi rozada a maleza, talláronse árbores e está case despexado o terreo sobre o que discorrerá no futuro a plataforma da liña de alta velocidade.
TRAMO TABOADELA-TÚNEL DE RANTE (5,6 km)
Este tramo da Variante Exterior de Ourense discorre polos termos municipais de Taboadela e San Cibrao das Viñas, na provincia de Ourense. O trazado dá continuidade á plataforma ferroviaria da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia a partir de Taboadela, con deseño para dobre vía electrificada en ancho estándar (1.435 mm), en ancho de plataforma de 13,60 m e entreeixo de 4,30 m.
O túnel de Rante é a obra máis importante do tramo. Trátase dun túnel monotubo para vía dobre, de 3.410 m de lonxitude (o 60,9% do total do tramo) e 85 m2 de sección.
Dada a súa lonxitude prevense tres saídas intermedias de emerxencia mediante galerías transversais de 180 m, 449,5 m e 322,4 m, respectivamente, con saída directa ao exterior, permitindo a conexión das mesmas coa rede viaria existente e a disposición de áreas de socorro e rescate cunha superficie mínima de 500 m2.
Ademais, outras estruturas que se construirán no tramo son:
- Viaduto sobre o río Taboadela (23,5 m).
- Viaduto sobre río Mesón de Calvos (408 m).
- Paso inferior PI-2.0 (14 m).
-Viaduto sobre o Regueiro de San Benito (108 m).
- Paso inferior PI-0.7 (8 m).
- Paso inferior PI-2.0 (14 m).
- Viaduto sobre o Regueiro de San Benito (108 m).
- Paso inferior PI-0.7 (8 m).