lunes, 4 de abril de 2022

En marzo baixa o paro rexistrado en Galicia un - 0,76 % e medra en Ourense un 0,89 %

 

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo de 2022.

Galicia:

Baixa o paro en relación co mes anterior en 1.173 persoas ( - 0,76 %), quedando situado en 153.336 persoas. Esta baixada rexistrada ademais de situar a Galicia como a terceira comunidade con maior descenso do paro, avantaxa en 0,67 puntos a diminución do Estado.

Con respecto aos datos do paro na evolución anual, a baixada do desemprego foi do -15,15 % (-27.383 persoas).  O paro volve a baixar en marzo tras as subidas experimentadas en 2020 e 2021 polo efecto da covid-19. Recupérase, polo tanto, a evolución positiva anterior ao comezo da pandemia e acádase o maior descenso do paro nun mes de marzo de toda a serie histórica (1996) en termos absolutos e relativos. Galicia, ademais, acumula un ano consecutivo de baixada do paro.

O desemprego interanual cae nas principais variables: nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades, así como en todo os sectores de actividade económica, liderando o descenso a construción (-18,88%), seguido da industria (-17,60%), dos servizos (-14,95%) e da agricultura e a pesca (-13,22%). 

Ourense:

Medra o paro rexistrado en marzo en relación co mes anterior en 153 persoas, un  0,89 %.

O número de parados queda en 17.309 deles 7.398 son homes e 9.911 mulleres, 16.509 son maiores de 25 anos e 800 menores.

Por sectores, 917 son da agricultura, 1.924 da industria, 1.262 da construción, 11.652  dos servizos e 1.554 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 2.956 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do -14,59 %.