Na súa intervención, o director xeral de Relacións
Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo explicou as novidades do novo
POCTEP 2021-2027 cara unha Europa mais verde, intelixente, social e próxima aos
cidadáns, valorando positivamente que neste novo período o enfoque fundamental
do financiamento europeo é o do desenvolvemento rexional.
A dotación do novo POCTEP 21-27 increméntase case nun 11% respecto do período anterior, cunha intensidade maior no caso de España que é dun 13% en comparación con Portugal que corresponde a un 4,57%. Unha das principais apostas do POCTEP é a de impulsar o desenvolvemento de estratexias multisectoriais de desenvolvemento integrado e sustentable, como é a nova figura denominada ´´Área funcional´´, que buscará a solución de problemas poñendo en marcha unha estratexia de desenvolvemento territorial concreta. O director xeral anunciou que no caso de Galicia e o Norte de Portugal a Reserva da Biosfera Gerês- Xurés funcionará como área funcional piloto. Esta iniciativa complementaríase coa posibilidade da posta en marcha dunha nova AECT na Raia Seca.
Ao longo da conferencia valorouse a posibilidade de establecer unha nova estrutura de cooperación transfronteiriza na ´´raia seca´´, que puidera desembocar na creación dunha AECT, co fin de facilitar, axilizar e garantir a cooperación transfronteiriza de proximidade e a captación de recursos europeos. Esta nova AECT tería como base a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés e permitiría completar toda a fronteira galaico-portuguesa cuberta por estruturas de cooperación transfronteiriza.
As vantaxes desta posible AECT na "raia seca" supoñerá unha economía de escala e unha maior representatividade e visibilidade do territorio, con maior posibilidade de captación de proxectos con co-financiamento comunitario. Esta nova AECT sería un paso máis na integración europea e como sinalou Jesús Gamallo ´´para a Xunta de Galicia a Cooperación de proximidade é unha prioridade onde temos que asegurarnos de que a fronteira non sexa un custo, senón unha oportunidade´´.
Na conferencia tamén analizouse a Estratexia de Desenvolvemento do Alto Minho ata 2030 como instrumento de planificación, na que se definen os obxectivos para este período, así como os medios para a utilización eficiente dos futuros fondos europeos.
No discurso de peche da conferencia, o ministro luso das Infraestruturas , Pedro Nuno Santos desafiou ao governo espanhol a “dar corda aos sapatos” para que a conexión ferroviária en alta velocidade, desde Lisboa ata Galicia chegue à fronteira entre os dois países “mais ou menos ao mesmo tempo”.
Co ministro Santos, César Fernández e José Armada |
Dixo
que “começaremos do Porto para sul, mas também queremos avançar na parte norte,
entre Braga e Vigo (Galiza) e Braga e o Porto. Construiremos a ligação do Porto
para sul, até Lisboa. A parte norte é mais difícil de Braga para o norte do que
de Braga para o Porto. Por isso, começaremos nesse troço, mas obviamente o
objetivo é fazer Porto, aeroporto Sá Carneiro, daí para Braga e de Braga até
Vigo”, especificou.
Adiantou
que, “se no passado, a obsessão era a ligação entre Lisboa e Madrid”, a
“obsessão” deste Governo, “é ligar Lisboa ao Porto e o Porto a Vigo.
Engadiu “Isso
é assunto absolutamente arrumado. É a nossa prioridade porque a região
espanhola com quem temos maior relação económica, social e cultural é com a
Galiza e, é para aí que temos de ir em primeiro lugar. Amanhã, se tivermos mais
dinheiro, lá trataremos de fazer uma ligação até Madrid”.