jueves, 27 de enero de 2022

EPA IV Trimestre : Ourense finalizou 2021 con 116.000 persoas ocupadas e unha taxa de paro do 10,21 %

Difunde hoxe o INE a Enquisa de poboación activa (EPA) correspondente ao cuarto trimestre de 2021

Estos son os principais datos da nosa provincia:

A 31 de decembro en Ourense había 13.200 persoas paradas 500 máis que a 30 de setembro de 2021. E 200 máis que a finais de 2020.

A taxa de actividade queda situada no 48,18 %, a de ocupación no 43,26 % e a de paro no 10,21 %.

A poboación ocupada ao remate do cuarto trimestre é de 116.000 persoas, 1.600 menos que a finais de setembro de 2021 e 1.800 máis que a finais de 2020, canto eran 114.200 os ocupados.

A poboación activa é agora de 129.200, fronte a los 130.400 do terceiro trimestre, pero medra 2.000 sobre os contabilizados a finales del 2020.