martes, 4 de enero de 2022

En decembro baixa a afiliación á Seguridade Social en Galicia pero segue a superar o millón

 

Coñecemos hoxe que o número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de decembro do ano 2021 acadou a cifra de 1.032.874 para o total do sistema, o que supón un descenso respecto ao pasado mes de novembro de 2021 de - 2.713 afiliacións (-0,26 %). 

Pontevedra presenta o maior descenso cunha taxa de variación intermensual do -0,33%, seguida de Lugo (-0,31%), A Coruña (-0,21%) e Ourense (-0,18%).

Na comparativa interanual obsérvase un aumento de 30.624 afiliacións no total do sistema en Galicia (3,06 %). O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 3,63%, o que supón 15.561 afiliacións máis, seguida de Pontevedra (2,89%), Ourense (2,31%) e, por último, Lugo (2,12%).

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de decembro en 103.192 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 181 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,18).

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 2.332 ocupados (2,31 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou decembro con 79.969 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.223 afiliados medios.