As Comunidades Autónomas teñen ata finais do vindeiro
mes de xaneiro para enviar ao Ministerio as súas valoracións e aportacións
sobre esta proposta técnica de 240 páxinas.
Das primeiras análises feitas pola Xunta do citado documento hai algunha boa noticias pero tamén eivas moi importantes.
- Boa noticia, como que semella que se vai ter
máis en conta o gasto sanitario e se dividen os grupos de poboación de maior
idade, co que se abre a porta a axustar máis o gasto real.
- Pero tamén grandes eivas, porque aínda é un
modelo bastante inconcreto e incompleto nalgúns puntos. Nesta semana o presidente Feijóo diciía que "esta proposta tensiona ás comunidades, non acredita que haxa nengún fondo adicional e o único que vai a producir é un empantanamento dalguna posibilidade de crear un nuevo sistema."
Por outra banda, debemos lembrar que este é un modelo que só trata sobre o cálculo da poboación axustada, que é unha parte moi importante do sistema de financiamento, pero non é todo o sistema de financiamento.
Neste sentido, aínda nos queda moita letra pequena por coñecer do novo sistema: a recadación normativa, os tributos que se integran, a nivelación total ou parcial, ou se este vai ser o único Fondo ou vai haber máis, como acontece agora.
En todo caso, Galicia entende que a reforma do novo modelo de financiamento autonómico debe tratarse nun marco multilateral e de diálogo coas comunidades autónomas no seo do Consejo de Política Fiscal y Financiera (CPFF). Neste sentido, o Ministerio segue sen convocar o CPFF, órgano onde debería plantexarse e debaterse esta cuestión que afecta a todos os cidadáns, e desoíndo unha vez máis as peticións reiteradas das CC.AA.
En todo caso, a Xunta seguirá defendendo a posición
plasmada no documento acordado entre oito comunidades autónomas o pasado 23 de
novembro en Santiago de Compostela, e defendendo os intereses de Galicia co
obxectivo de que todos os cidadáns teñan garantido o dereito a recibir uns
servizos de igual calidade con independencia de onde residen, cun modelo que
asegure a cobertura total dos servizos a financiar.