miércoles, 8 de diciembre de 2021

A vacina é a mellor ferramenta na loita contra a covid: incrementa a inmunidade e, en consecuencia, reduce os ingresos hospitalarios e os falecementos

 

Informa hoxe a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.564 deles 1.308 son da área da Coruña, 684 da de Lugo, 2.386 da de Ourense, 1.251 da de Pontevedra, 2.880 da área de Vigo, 646 da de Santiago e 409 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 216 en unidades de hospitalización e 9.313 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 183.953 persoas curadas, rexistrándose 2.690 falecementos.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.201.443. Un deles fun eu, xa que hoxe estiven en Expourense participando na acertada estratexia de vacinación programada polo SERGAS para o grupo de persoas de entre 60 a 69 anos e os profesionais dos centros sanitarios e sociosanitarios da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Fun inoculado coa dose de reforzo que se administra cunha vacina de ARN mensaxeiro, de Moderna, tal e como contempla a estratexia de vacinación avalada por unha comisión de expertos de todas as comunidades autónomas, así como pola Comisión Nacional de Saúde Pública, e en función da vacina enviada polo Ministerio de Sanidade.

Grazas a Xerencia do SERGAS da miña área sanitaria, pola excelente organización e a atención prestada aos cidadáns. Agardemos que a inmensa maioira dos chamados acudan, xa que as vacinas incrementan a inmunidade e, en consecuencia, reduce os ingresos hospitalarios e os falecementos. Por conseguinte, esta dose de reforzo, que mellora o nivel de anticorpos, protexe aínda máis ás persoas vacinadas.

Unha vez máis lembremos, a vacina é a mellor ferramenta na loita contra a covid, que volve a preocupar moito na nosa área sanitaria.