Lembrando a vitoria do PP liderado por Rajoy nas eleccións xerais do 20 de novembro de 2011

Tal día como hoxe, hai dez años, tiveron lugar en España as eleccións xerais, na que o PartIdo Popular liderado por Mariano Rajoy obtivo unha contundente vitoria con un fortísimo respaldo dos electores.

Acadou a  maioría absoluta con 186 escanos (32 máis que en 2008 e un 44,63% dos votos)  fronte ao PSOE que obtivo 110 escanos (59 menos que en 2008 e un 28,76% dos votos). 

GALICIA

Lembro que ao día seguinte, o 21 de novembro de 2011 en Santiago fixemos  balance dos resultados en Galicia, que o presidente do PP de G Alberto Núñez Feijóo calificou de “históricos” e tirou dez puntos clave:


1. O PPdeG consolídase como a forza maioritaria da Comunidade. Así, se en 2008 a suma do PSOE e BNG superaba ó PP en case 120.000 apoios; desta volta o PP logrou máis de 220.000 votos que socialistas e nacionalistas xuntos, duplicando prácticamente o número de escanos que eles lograron.


2. O PPdeG consegue a maior porcentaxe de deputados logrados nunca cun 65%. Dous de cada tres parlamentarios galegos que senten no Congreso dos Deputados serán do PPdeG.


3. O PPdeG supera o 50% dos votos nas catro provincias galegas. Ademais, logra subir en todos os territorios da Comunidade respecto ás pasadas eleccións xerais de 2008.


4. O PPdeG é a 
forza máis votada en 307 dos 315 municipios galegos. É dicir, en case o 98% dos concellos de Galicia.


5. O PPdeG é a forza máis votada nas sete cidades galegas. Sobe 6 puntos no voto urbano respecto a 2008, superando ao PSOE en case 15 puntos.


6. O PPdeG rexistra a cuarta suba en porcentaxe de votos de todas as comunidades. A segunda se se ten en conta que en Aragón e en Extremadura o PP concorría en coalición con outras forzas políticas.


7. Das comunidades que teñen outorgado representación parlamentaria a máis de dúas forzas, Galicia é a segunda en porcentaxe de voto.


8. O PPdeG supera en aproximadamente 8 puntos a media lograda polo patido a nivel estatal. Concretamente Lugo medrou máis de 11 puntos na porcentaxe de voto respecto a 2008.


9. O PPdeG aspiraba a subir catro deputados e logrouno. O BNG aspiraba a manter a súa representación parlamentaria. Logrouno. O PSdeG aspiraba a ter un mellor resultado que o PSOE a nivel estatal. Non o logrou. De feito, o PSOE tivo máis dun punto de porcentaxe de voto que o PSdeG.

10. Un militante do PPdeG, un galego, vai a ser o próximo presidente do Goberno de España.


https://www.youtube.com/watch?v=JRy4mtd6ExE

OURENSE

En Ourense o PP presidido por Manuel Baltar obtivo o respaldo do 56,56 % dos electores, sendo a provincia con máis alta participación de Galicia (73,59%), cinco puntos por riba do ano 2008 e dous puntos máis ca media nacional (71,69 %), feito que lexitimou se cabe, aínda máis o triunfo electoral acadado polo Partido Popular. 


Acadamos tres actas no Congreso: Celso Delgado, Guillermo Collarte e Ana Vázquez  e tres no Senado, Carme Leyte, Francisco Fernández e Miguel Pérez de Juan.


Ourense foi a provincia de Galicia con maior apoio ao PP: 113.972 votos (56,65%) superando en catro puntos a media galega (52,52%) e en 12 puntos a media de España (44,62).


O PP de Ourense gañou en 9 dos 10 concellos máis poboados da provincia, vencendo tamén en todos os partidos xudiciais e superando en 20 puntos a suma de PSOE e BNG xuntos. O PP de Ourense foi a forza máis votada en 86 dos 92 concellos da provincia.


A provincia de Ourense acadou tamén a maior diferenza de Galicia entre os votos populares e a suma de socialistas e nacionalistas (19,33 puntos), e foi tamén a provincia que máis diferenza rexistrou entre PP e PSOE (28,72 puntos), superando co BNG os 47 puntos.

En Ourense capital, onde gañara o PSOE en 2008 con catro puntos de diferenza, o PP foi nesas eleccións a forza máis votada (47, 61%), 13,56 puntos máis que o PSOE. Extrapolando estes resultados o PP obtería a maioría absoluta: 15 escanos.


O 23 de novembro foi realizado pola Xunta Electoral Provincial o escrutinio do voto remitido polos electores incluidos no censo de residentes no exterior (CERA),.O resultado foi que e PP  obtivo na provincia de Ourense un total de 1.664 votos, fronte aos 1.033 do PSOE e 133 do BNG.

Con la tecnología de Blogger.