Onte pola tarde acudín ao módulo de atletismo do pavillón dos Remedios a recoller o meu dorsal para participar mañá domingo na Carreira Pedestre Popular de San Martiño, que cumpre o seu corenta e catro edición. A de Ourense é a carreira con máis tradición de Galicia.
Volve, despois de que a pandemia impedise a celebración da proba no 2020, xa que a situación sanitaria permíteo este ano pero con restricións de aforo para garantir a seguridade fronte ao covid.
Só 2.000 persoas correrán este ano a San Martiño. Do total de participantes 1.800, maiores de 18 anos, protagonizarán a carreira popular. Outros 200 serán atletas de elite, xa que a cita deportiva está incluída no calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo. Trinta deportistas recibiron a invitación dos organizadores. Nesta última categoría participará a plusmarquista mundial dos 10 quilómetros, Kalkidan Gezahegne.
Espero que este festa do deporte popular sexa todo un éxito.