Feijóo insta ao Goberno a converter os Next Generation nunha oportunidade para dar certezas aos sectores industriais galegos e aos 16.500 empregos que están en risco

 

Saliento pola súa importancia a reunión que esta mañá tivo en Madrid o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo  coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto

Feijóo instou hoxe ao Goberno central a converter os fondos europeos Next Generation nunha oportunidade para dar certezas aos sectores industriais galegos e aos 16.500 empregos que están en risco.

 incidiu na necesidade de empregar estes fondos para mellorar a competitividade da industria galega. Ao respecto, trasladoulle os proxectos que integran a candidatura galega, no eido dos sectores forestal, da automoción, a medicina personalizada, o naval, o aeroespacial, a biotecnoloxía e o agroalimentario.

Nesta liña, saudou que os proxectos do Grupo Stellantis no eido da automoción, así como os referidos aos sectores aeroespacial e agroalimentario estean dentro dos parámetros para integrarse nos respectivos PERTE.

Así mesmo, expresou a súa confianza en que os estaleiros galegos atopen oco no PERTE que, “segundo confirmou a ministra”, sairá no 2022 para o sector naval.

“Nós o que pedimos é que haxa unha concorrencia competitiva, obxectiva e obxectivable para poder competir, porque estamos convencidos de que os proxectos da nosa comunidade son sólidos”, engadiu.

Ao longo do encontro, Feijóo reiterou a necesidade de certezas e propostas que dean solución aos problemas que atravesan industrias como Alcoa, Alu Ibérica, Ence e Barreras. “En Alcoa hai máis de 5.000 empregos que están nunha situación de absoluta indefensión, o sector forestal necesita unha solución para a continuidade de Ence con seguridade”, dixo, destacando tamén a importancia de que Barreras atope un comprador solvente.

Por outra banda, no tocante a Vestas, o titular do Goberno galego lamentou que nun país que aposta polo desenvolvemento da enerxía eólica, as empresas que fabrican os seus compoñentes opten por pechar. “Hai un problema de competitividade evidente”, aseverou.

O presidente da Xunta aproveitou a xuntanza para recordar que o Xacobeo debe ser un proxecto de Estado e, ao respecto, lamentou que nos Orzamentos Xerais do Estado para 2022 haxa “cero euros” para levar a cabo o investimento de máis de 280 millóns de euros para a vindeira década, comprometidos na última reunión do Real Patronato de la Ciudad de Santiago.

Con la tecnología de Blogger.