En Galicia baixa en outubro a afiliación á Seguridade Social


Coñecemos onte que o número medio de afiliacións ao  Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de outubro do ano 2021 acadou a cifra de 1.032.651 para o total do sistema, o que supón unha baixada respecto ao pasado mes de setembro de 2021 de 1.578 afiliacións (-0,15%).


Só A Coruña presenta unha taxa de variación intermensual positiva (0,34%), mentres que o resto de provincias amosan datos negativos, sendo Ourense a que máis baixa (-0,62%).


Na comparativa interanual (outubro de 2021 con outubro de 2020) obsérvase un aumento de 20.633 afiliacións no total do sistema en Galicia (2,04%) e un aumento do 3,69% (700.226 afiliacións) no conxunto estatal.


O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 2,67%, o que supón 11.543 afiliacións máis, seguida de Pontevedra (1,87%), Lugo (1,46%) e, por último, Ourense (0,62%).


As afiliacións ao réxime xeral, que representan o 77,77% das afiliacións galegas en outubro de 2021, baixaron un 0,20% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento do 2,53%. 


En España estas taxas foron do 0,97% con respecto a setembro de 2021 e do 4,10% en relación ao mes de outubro de 2020. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (72,14%).


Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Pontevedra (1,51%) amosa a taxa de variación interanual máis positiva, e Lugo (-1,21%) a máis negativa. O crecemento medio da comunidade galega sitúase entón no 0,61%. Para este réxime e con respecto ao mes de setembro de 2021, baixan todas as provincias agás A Coruña, resultando para o conxunto de Galicia unha taxa do -0,11%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha subida interanual (1,81%) e unha subida intermensual (0,13%).


No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a outubro de 2020, caen todas as provincias, destacando A Coruña (-2,29%). A taxa galega acada entón o -2,05%, sendo inferior á de España (-0,15%). Con respecto a setembro de 2021, A Coruña presenta un incremento do 5,88%, mentres que Lugo (-0,47%) e Pontevedra (-0,22%) presentan taxas negativas. A taxa galega amosa un aumento do 1,48% con respecto a setembro de 2021. A taxa nacional é do -1,92%.


Ourense:


O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de outubro en 103.159 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 643 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,62)


En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 637 ocupados (0,62 %). 


A afiliación ao Réxime Xeral terminou setembro con 79.931 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.228 afiliados medios. 

Con la tecnología de Blogger.