Sánchez segue a investir en Galicia menos que Rajoy porque para este Goberno a prioridade é Cataluña

 

Unha vez que os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) do 2022 foron dados a coñecer á primeira hora da tarde, comezou a frenética e ardua tarefa de estudar as partidas de investimento.

 

Un primeiro dato a analizar foi o da distribución territorial do investimento real que no conxunto do Estado ascende a 13.007 millóns, dos cales as Comunidades Autónomas que máis reciben son Andalucía que recibe 2.267,07 millóns (un 17,4 % respecto do total), Cataluña 2.230,74 (17,2 %), Comunidade Valenciana 1.208,61 (9,3 %) e Comunidad de Madrid, 1.151,46 millóns (8,9)

 

No quinto lugar das autonomías está Galicia, que pasou de contar no PGE de 2021 con 832,24 millóns (6,9 %) a ver consignados para 2022, 1.074,72 millóns (8,3 % do total).


Porcentaxe inferior ao 9,3 % dos PGE de 2018, os últimos aprobados polo goberno de Mariano Rajoy, e moi por debaixo do 13,80% que chegou a recibir cun executivo do PP.


A media tarde fixen declaracións á TVG e a RG e difundimos desde o PP de Galicia unha nota de prensa que titulamos: Celso Delgado di que Sánchez segue a investir en Galicia menos que Rajoy porque para este Goberno a prioridade é Cataluña

 

Esté é o contido:  

“O deputado do PPdeG no Congreso, Celso Delgado, valorou os Presupostos Xerais do Estado e asegurou que o Executivo central segue a investir en Galicia menos que o de Mariano Rajoy, pois a prioridade deste Goberno é Cataluña, unha Comunidade á que pertencen os socios políticos de Pedro Sánchez e que apoian a súa continuidade na Moncloa.

Segundo manifestou, porcentualmente, a nosa Autonomía continúa estando un punto por debaixo do último Presuposto aprobado polo PP en 2018 -9,3 fronte ao 8,3% actual-, unhas Contas que permanecen moi afastadas do que foi a media de investimentos na Comunidade nos últimos anos, que rondaba o 11% e que mesmo chegou ao 13,80%.

Como apuntou, nun momento no que os fondos comunitarios enchen de recursos os Orzamentos Xerais do Estado, Galicia non debería contar con consignacións ridículas como as que se destinan a moitos proxectos, abocándoos ao abandono.

No tocante ás infraestruturas, referiuse á alta velocidade, lembrando que aínda  quedan por facer os últimos 19 quilómetros de nova construción que se coñecen como a Variante Exterior Ferroviaria de Ourense, ademais de que está sen executar a comunicación por tren con Lugo e continúa pendente a comunicación con Vigo. Igualmente, as Contas non dispoñen de recursos suficientes para os accesos ferroviarios aos portos.

Do mesmo modo, recalcou os Presupostos veñen a consolidar o bloqueo da rede de autovías de conexión interior de Galicia, que permanece sen avances desde 2018. Así, este proxecto de lei non permitirá que o vindeiro ano comecen infraestruturas tan demandadas e necesarios para a Comunidade como a nova Autovía Vigo-Porriño, a ampliación da Avenida Alfonso Molina e da Ponte Pasaxe, o Vial 18, a Autovía da Mariña, a Autovía Ourense-Ponferrada, os novos treitos da Autovía Lugo-Ourense, os novos treitos da circunvalación de Pontevedra ou a Variante de Ponteareas.

Por outra banda, resaltou que tampouco se dá solución ao problema industrial provocado pola política enerxética e de transición ecolóxica do Executivo central, poñendo en risco empresas como Alcoa ou os postos de traballo de Endesa nas Pontes. Nese senso, engadiu que subir o Imposto de Sociedades con carácter xeral para grandes empresas nun momento de recuperación é unha política desacertada.

“Son uns Orzamentos falsos que parten dun cadro macroeconómico que non se pode cumprir, crean unha nova suba fiscal monumental para empresas e particulares, castigan o aforro, aumentan desmedidamente o déficit e descontrolan o gasto público”, sentenciou.

O deputado do PPdeG no Congreso, Celso Delgado, valorou os Presupostos Xerais do Estado e asegurou que o Executivo central segue a investir en Galicia menos que o de Mariano Rajoy, pois a prioridade deste Goberno é Cataluña, unha Comunidade á que pertencen os socios políticos de Pedro Sánchez e que apoian a súa continuidade na Moncloa.

Segundo manifestou, porcentualmente, a nosa Autonomía continúa estando un punto por debaixo do último Presuposto aprobado polo PP en 2018 -9,3 fronte ao 8,3% actual-, unhas Contas que permanecen moi afastadas do que foi a media de investimentos na Comunidade nos últimos anos, que rondaba o 11% e que mesmo chegou ao 13,80%.

Como apuntou, nun momento no que os fondos comunitarios enchen de recursos os Orzamentos Xerais do Estado, Galicia non debería contar con consignacións ridículas como as que se destinan a moitos proxectos, abocándoos ao abandono.

No tocante ás infraestruturas, referiuse á alta velocidade, lembrando que aínda  quedan por facer os últimos 19 quilómetros de nova construción que se coñecen como a Variante Exterior Ferroviaria de Ourense, ademais de que está sen executar a comunicación por tren con Lugo e continúa pendente a comunicación con Vigo. Igualmente, as Contas non dispoñen de recursos suficientes para os accesos ferroviarios aos portos.

Do mesmo modo, recalcou os Presupostos veñen a consolidar o bloqueo da rede de autovías de conexión interior de Galicia, que permanece sen avances desde 2018. Así, este proxecto de lei non permitirá que o vindeiro ano comecen infraestruturas tan demandadas e necesarios para a Comunidade como a nova Autovía Vigo-Porriño, a ampliación da Avenida Alfonso Molina e da Ponte Pasaxe, o Vial 18, a Autovía da Mariña, a Autovía Ourense-Ponferrada, os novos treitos da Autovía Lugo-Ourense, os novos treitos da circunvalación de Pontevedra ou a Variante de Ponteareas.

Por outra banda, resaltou que tampouco se dá solución ao problema industrial provocado pola política enerxética e de transición ecolóxica do Executivo central, poñendo en risco empresas como Alcoa ou os postos de traballo de Endesa nas Pontes. Nese senso, engadiu que subir o Imposto de Sociedades con carácter xeral para grandes empresas nun momento de recuperación é unha política desacertada.

“Son uns Orzamentos falsos que parten dun cadro macroeconómico que non se pode cumprir, crean unha nova suba fiscal monumental para empresas e particulares, castigan o aforro, aumentan desmedidamente o déficit e descontrolan o gasto público”, sentenciou."

Con la tecnología de Blogger.