Entre todas saliento duas:
1ª Resolución:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande do Goberno de España a materialización do compromiso asumido cos galegos e galegas da chegada do AVE a Galicia neste mesmo outono, dotando a liña de trens AVRIL que permitan tempos de viaxe competitivos; a rebaixa do tren Avant que comunica Ourense con Santiago e A Coruña para homologalo con outras liñas do resto de Galicia; a recuperación e o incremento de servizos, coa implantación do tren de proximidades, sempre que sexa posible, e as conseguintes vantaxes en canto a frecuencias, horarios e prezos; así como os investimentos necesarios para a modernización da rede ferroviaria galega, para estender os beneficios da alta velocidade a Lugo, a Vigo e a Ferrol, e para lograr que a inclusión do noroeste peninsular no corredor atlántico se traduza na modernización real e efectiva da rede ferroviaria de mercadorías, co impulso de actuacións estratéxicas, a saída sur de Vigo, a liña de alta velocidade Vigo-Porto, a conexión ferroviaria do porto exterior da Coruña, do porto de Vigo e das plataformas loxísticas-portos secos, ademais da modernización da liña Ferrol-Ribadeo.» (foi aprobada por 61 votos a favor, ningún en contra e 13 abstencións.(Resolución resultante da transacción entre o G.P. do Bloque Nacionalista Galego e o G.P. Popular de Galicia verbo da proposta de resolución núm. 16 do G.P. Popular de Galicia)
24.ª Resolución
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande do Goberno de España que impulse a aprobación duns orzamentos xerais do Estado para 2022 que teñan en conta as necesidades históricas da nosa comunidade autónoma en materia de infraestruturas. Deben dotarse as partidas necesarias para desbloquear o avance das autovías estatais de vertebración de Galicia e estender as bonificacións da AP-9 á autoestrada estatal de conexión Santiago de Compostela-Ourense, a AP-53.»
Aprobada
por unanimidade dos 74 deputados e deputadas. (Proposta de resolución núm. 17
do G.P. Popular de Galicia).