miércoles, 6 de octubre de 2021

In memoriam de Valeriano Martínez un gran servidor público e galego exemplar

Esta tarde pouco antes de comezar ás 16:00 no Congreso dos Deputados a sesión da Comisión de Asuntos Económicos do Congreso, na que ía comparecer a vicepresidenta primeira do Goberno e ministra Nadia Calviño, tiven coñecemento do falecemento do conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia, Valeriano Martínez, acontecemento que tivo lugar no seu despacho mentres traballaba.

A inesperada e tráxica noticia da morte deste amigo produciume unha enorme conmoción polo moito que lle admiraba e respectaba. Un referente en todos os sentidos polos seus enormes coñecementos, a defensa dos intereses de Galicia e a súa bonhomía.

Ao comezo da Comisión e antes de empezar a orde do día, dei conta desde a presidencia, a todos os deputados asistentes da triste noticia destacando que o conselleiro era un gran servidor público coñecido por todos polo seu labor á fronte da facenda autonómica desde 2015.

Pedín entón un minuto de silencio na súa memoria que secundaron todos os deputados presentes postos en pé, incluíndo a vicepresidenta Calviño.
Descanse en paz este galego exemplar.



http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-seran-5349911?t=641?t=3287

https://twitter.com/Congreso_Es/status/1445775453168410630?s=20 

Minuto de silencio en el Congreso en memoria del consejero gallego fallecido en su despacho (europapress.es)

Aproveito esta entrada para lembrar a sorte de estar acompañado na campaña das eleccións xerais de 2016 por Valeriano, en dous actos en barrios de Ourense. Cebolió e en Santa Teresita ( O Vinteún).


 Mitín 19.6.16 en Ceboliño

 Mitín 14.6.16 en Santa Teresita