RENFE debe esixir a Talgo que, logo de varias demoras, cumpra xa o contratado, e entregue en 2021 os trens Avril S/106 necesarios para operar na LAV Madrid-Galicia


Hoxe nunha entrevista concedida á Radio  Galega, a conselleira de  Infraestruturas e  Mobilidade, Ethel Vázquez, reclamou ao Goberno central que dote a Galicia de trens Avril de ancho variable, porque sen eles a chegada do AVE a Galicia "non achegará tempos competitivos" cara a Madrid desde as principais cidades galegas.

Dixo que non só fan falta vías, senón tamén trens: "non poderemos estar satisfeitos mentres non se aclare se teremos a mesma flota que a día de hoxe, que son os Alvia que non alcanzan as altas velocidades de 300 quilómetros por hora".


Sen este equipamento, tal e como avisou, os pasaxeiros veranse obrigados "a facer  transbordo en Ourense" cando viaxen desde cidades como Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo, posto que o traxecto non estará garantido "en pouco máis de tres horas". E utilizou unha metáfora para explicalo : "imos ter unha pista de Fórmula 1 pero se temos que conducir un 600 a xente non vai querer coller trens que non achegan tempos competitivos con respecto ao avión".


E engadiu que "o noso deber é reclamar que se cumpran os tempos competitivos con Madrid. Dúas horas e 15 minutos son os tempos acordados desde Ourense; preto de tres horas desde Santiago; e A Coruña e Vigo sobre tres horas e 15 minutos".


Ten razón a Conselleira trasladando o malestar da Xunta pola falta de información sobre cando operaran en Galicia os trens Avril de ancho variable.


O suministro por parte de Talgo a Renfe destes vehículos ven sendo unha preocupación constante deste deputado acreditado polo control parlamentario realizado, do que dei conta neste blog en varias ocasións.


Fago agora este recordo:


Non mes de  novembro de 2016 ou Ministerio de Fomento,  informou sobre a  adxudicación a Talgo dá fabricación de 15  trens   Avril e ou  seu  mantemento durante 30 anos por un total de 768,5  millóns de euros. A resolución  do concurso contempla,  ademais, a opción dá fabricación  doutros 15  trens AVE  adicionais e a prolongación  do período de  mantemento durante  outros 10 anos  máis. En que estado  atópase a  execución  deste contrato e  cando entregásense  as  primeiras unidades?” O 30 de novembro de 2018, respondeu o Goberno: “En relación co asunto interesado, sinálase que o proxecto está en fase de construción e a entrega dos primeiros vehículos prevese en xuño de 2020”


O 12 de decembro de 2019 os deputados ourensáns do  GPP, Celso Delgado e Ana Vázquez formularon esta pregunta:


¿Cales son as datas previstas de entrega por Talgo a RENFE dos futuros trens   AVRIL e para a súa entrada en servizo na liña Madrid-Galicia, que é tan necesaria para mellorar os tempos de viaxe?


Con data 3 de febreiro de 2020 o Goberno respondeu:


En relación coas preguntas de referencia, infórmase que a recepción dos primeiros trens da serie 106 de Talgo está prevista a principios do ano 2021. Hai que indicar que a adscrición do material a unha relación ou outra se realiza cos mesmos criterios para toda a frota de Renfe nos Servizos de Viaxeiros, que son os seguintes:

- Comerciais: características do produto que se desexa ofrecer,  dimensionamiento da oferta con respecto á demanda, igualdade de condicións dentro de una mesma relación, etc….


- Técnicos: infraestrutura pola que poden circular, localización e distancia ás bases de mantemento, etc….

- De eficiencia ambiental e económica: con procura da distribución máis eficiente en canto a recursos e custo.

Por tanto, hai que sinalar que a asignación de vehículos a unha relación será a que se determine como óptima en cada momento, en atención aos requisitos habituais de calidade do servizo.

A estratexia de Renfe é adaptarse á demanda dos seus clientes en todo momento, con criterios de eficiencia e sustentabilidade – tanto de medios humanos como materiais – en todas as súas liñas. Neste sentido a entrada da Alta Velocidade a Pedralba de la Pradería (Zamora) conlevará unha revisión da oferta entre Galicia e Madrid”

 

23 de febreiro de 2021 os deputados ourensáns do  GPP, Celso Delgado e Ana Vázquez formularon esta pregunta:


"¿En que data do primeiro semestre de 2021 estima RENFE que recibirá os primeiros trens da serie 106 de Talgo?”


5 de abril de 2021, o Goberno respondeu: “En relación co asunto interesado, sinálase que tal e como xa se informou anteriormente, a declaración do estado de alarma obrigou ao provedor para atrasar os prazos de entrega dos trens S/106, aínda que a súa entrega segue estando prevista en 2021.


Como teño escrito noutra entrada deste Blog, o pasado 3 de febreiro, informaba Talgo na súa web que "a primeira unidade do tren de moi alta velocidade Talgo Avril comezara os seus primeiros ensaios en vía, un paso decisivo na validación técnica, previa posta en servizo por parte de Renfe".


Dicía entón que “esta é a fase final no proceso de fabricación de 30 unidades do Talgo Avril con capacidade de ata 581 prazas."


E engadía que “os ensaios están destinados a comprobar o comportamento dinámico de todos os elementos do tren e en particular dos sistemas de rodadura, en condicións de operación progresivamente máis complexas e ata chegar á velocidade necesaria para homologalo técnicamente a máis de 360 km/ h. A súa velocidade máxima en operación comercial será de 330 km/ h.


Está previsto que as probas de homologación realícense durante varias semanas na liña de alta velocidade Madrid-Galicia, aínda que poderían estenderse posteriormente a outros lugares da rede ferroviaria en España”


O compromiso do Goberno é claro: debe recibir antes de que remate 2021 os primeros trenes Avril, que RENFE debe adicar ao servizo da LAV Madrid-Galicia. 


Lembrar que polo menos 15 unidades do Talgo-Avril deben ser de ancho variable e resolverán no curto prazo un horizonte de explotación e de investimentos a longo prazo necesariamente complexo como o que se expón nalgúns destinos do terzo norte peninsular como Asturias ou País Vasco, pero en particular en Galicia, cuxa rede ferroviaria interior de altas prestacións manterase durante longo tempo, e a diferenza do resto de España, en ancho de vía ibérico.


Con la tecnología de Blogger.