martes, 5 de octubre de 2021

En setembro descende en Galicia a afiliación media á Seguridade Social

 

Coñecemos onte os datos de afiliación media á Seguridade Social no mes de setembro facilitados polo Goberno.

Galicia: 

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes en 1.034,229 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 5.241 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,50 %).

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un aumento de 22.430 ocupados (2,22 %), retomando a tendencia positiva iniciada en setembro de 2014 e interrompida en setembro de 2020 pola crise sanitaria.

A afiliación ao Réxime Xeral terminou setembro con 804.712 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 209.435 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.082 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes en 103.802 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 264 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,25%). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 833 ocupados (0,81 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou setembro con 80.518 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.284 afiliados medios.