Visitando a Feira da Pataca e Maquinaria Agrícola de Xinzo

 

Visito hoxe en Xinzo de Limia a Feira da Pataca e Maquinaria Agrícola de Xinzo, “Alimagro 2021“ Unha feira, na segunda edición, e que foi naugurada onte. Ocupa o pavillón municipal dos deportes e os seus exteriores coa maquinaria agrícola.

Tiven oportunidade de falar con algúns dos trinta expositores acompañado polo concelleiro  popular e amigo Antonio Fernández Veiga.

Saudei ao Servando Álvarez director do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro dependente do INORDE, acreditado polo ENAC que da un extraordinario apoio aos agricultores e cultivos da Limia, asesorando, e cun laboratorio que reaiza análises de solo, de determinación de nematodos en parcelas destinadas ao cultivo da pataca, etc.

 

Tamén puiden falar co concelleiro de Medio Rural, Amador Díaz, e produtor de Patacas Ama, precursor do exitoso servizo de venta on-line. Visitei os stands de duas empresas produtoras de patacas fritas que gozan de gran éxito no mercado: "Guays" e "Jaly´s",  e o da gran empresa COREN.

E falei coa representante de ADEGAL, a Asociación de Empresarios, de Gandeiros e de Agricultores da Limia e co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de Xinzo de Limia. E saudéi a Luis Veloso, que dirixe o dixital "Dende a Limia" e que anos antes foi un moi eficaz organizador de feiras promocionais da pataca e das realidades da comarca.

Celebro ter acudido, para así coñecer mellor os avances e as necesidades deste sector da pataca tan importante nesta comarca, e falar de temas tan relevantes como os ansiados investimentos en regadíos, a comercialización, a innovación, etc.

https://www.dendealimia.com/articulo/dis-que-din/dis-que-din-que-celso-delgado-estivo-moi-atarefado-mana-sua-visita-alimagro-21/20210904200540026574.html







Foto Luis Veloso (Dende a Limia)


Con la tecnología de Blogger.