Onte estivo estacionado na estación intermodal de Ourense, un tren comercial da serie 112, coñecido popularmente como o Pato. A súa presenza explícase por participar nas probas que son necesarias para poñer en servizo, o tramo entre Pedralba (Zamora) e Ourense, de 113 quilómetros de lonxitude.
Lembrar que polo momento este tren Pato non poderá circular en ningún caso máis aló desta cidade, pués é un tren de ancho fixo e por tanto carece de ancho variable que poida adaptarse aos tramos en ancho ibérico da rede interior galega. Na actualidade só poden circular pola nosa rede os trens Alvia e Avant (serie 730 e 121).
Como hoxe lémbrannos, para que un tren de alta velocidade estrita poida circular por toda a liña en territorio galego haberá que esperar aos da serie 106 (os Avril de ancho variable de Talgo que aínda deben homologarse) ou aos da serie 107 (con composicións procedentes de trens hotel e cuxas cabezas tractoras estarán en fase de fabricación nos próximos meses).
Unha enorme satisfacción ver este tren en Ourense, pois fainos pensar na proximidade da chegada de alta velocidade a Galicia.