domingo, 8 de agosto de 2021

Finalizaron os Xogos Olímpicos

Finalizaron os Xogos Olímpicos de Toquio 2020. O número total de medallas que obtivo España ascendeu a 17 ( tres medallas de ouro, oito de prata e seis de bronce) as mesmas que fai cinco anos en Río 2016, pero de menos categoría.

Pero lográronse menos da metade de ouros que entón, o que relegou ao noso país no medalleiro dos Xogos Olímpicos ata o posto 22.

Con todo España conseguiu o seu maior número de diplomas desde Atenas 2004, con 42 deportistas e os equipos clasificados entre o cuarto e o oitavo posto nas súas competicións -dez deles en atletismo-, o que acredita o bo nivel da delegación española, a pesar de que a cifra de medallas foi inferior á esperada.
Para os deportistas galegos, estes foron os mellores Xogos Olímpicos. Regresan con medalla: Ana Peleteiro (bronce en triplo salto), Teresa Portela (prata en K1 200), Nico Rodríguez (bronce en vela 470), Rodrigo Germade (prata en K4 500), Carlos Arévalo (prata en K4 500), Rodrigo Corrales (bronce en balonmán) e Iván Villar(fútbol).
Tàmara Echegoyen e en baloncesto Raquel Carrera. Outra vez será.
Unha pena que dúas ourensás non puidesen traer unha medalla, en vela.
Felicidades a todos os deportistas que representaron ao noso país.