Quedan poucas datas para que entre en servizo o novo aparcadoiro da intermodal de Ourense

 

Vexo esta mañá en Ourense as obras casi ultimadas do aparcadoiro da intermodal de Ourense que está previsto que entre  en servizo en xullo para completar a 1ª fase da estación, na que resta aínda a execución da área ferroviaria.

Unhas obras que executa ADIF, cun investimento de 6,7 M€, e cuxo custo é financiado maioritariamente con fondos propios da Xunta, preto de 4 M€, que representan o 67 %. ADIF-AV aporta o 33 %.

O acceso rodado ao novo aparcadoiro subterráneo, con preto de 9.000 m², unha lonxitude de 130 metros  distribuídos en 2 andares e cun total de 300 prazas soterradas, realizase desde a rúa Eulogio Gómez Franqueira. Contará, ademais, con 3 accesos peonís: para uso dos usuarios da terminal de autobuses; para os usuarios do ferrocarril e un terceiro acceso para uso preferente da cidade, para facilitar a entrada directamente aos veciños deste barrio.

A posta en servizo deste aparcadoiro é a peza que falta para completar a 1ª fase da estación intermodal de Ourense, xa que a nova terminal de autobuses está en servizo desde hai 4 meses, desde o pasado 6 de febreiro.

Fixen estas fotos,




Con la tecnología de Blogger.