miércoles, 2 de junio de 2021

En maio a nivel interanual, o ritmo de baixada do paro en Galicia (13,49%) é 11,51 puntos superior ao do Estado (1,98%).

O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2021.

Son os seguintes:

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en maio en 5.472 persoas con respecto a abril, un -3,20 %. Unha cifra de descenso similar ás baixadas reflectidas nos anos anteriores á pandemia. 

É a terceira maior caída porcentual nun mes de maio desde o ano 2008. 

O número de parados queda en 165.306.  Por sectores, 5.855 son da agricultura, 18.993 da industria, 11.986 da construción, 116.500 dos servizos e 11.972 do colectivo sen emprego anterior.  

A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 25.776 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do 13,49 %. O ritmo de baixada do desemprego na comunidade galega é 11,51 puntos superior ao do Estado (-1,98%). 

 Ourense:

Baixa  o paro rexistrado en maio en relación co mes anterior en 431 persoas, un – 2,25 %.

O número de parados queda en 18.690 deles 7.898 son homes e 10.792 mulleres, 17.881 son maiores de 25 anos e 809 menores.

Por sectores, 947 son da agricultura, 2.087 da industria, 1.347 da construción, 12.754 dos servizos e 1.555 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do  ano pasado, 2.024 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do 9,77 %.