Galicia en maio volve a superar o millón de afiliacións (1.010.528) situándose a un nivel superior ao reflectido hai dez anos

 

Coñecemos onte os datos de afiliación media á Seguridade Social no mes de maio facilitados polo Goberno.

Galicia: 

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado maio en 1.010.528 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 8.534 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,85 %).

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un aumento de 27.223 ocupados (2,79 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou maio con 782.127 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 208.687 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 19.714 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado maio en 101.616  ocupados, cifra que supuxo un aumento de 922 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,92 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 2.531 ocupados (2,55 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou maio con 78.342 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.274 afiliados medios. 

Con la tecnología de Blogger.