O PPdeG presenta emendas para garantir que o traspaso da AP-9 veña acompañado dos recursos necesarios para que a autoestrada funcione de forma efectiva

 

Difundimos hoxe desde o PPdeG esta nota de prensa:

“Os deputados galegos do Grupo Parlamentario Popular rexistraron hoxe no Congreso dos Deputados as emendas á Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia. 

O deputado Celso Delgado explicou que estas pretenden garantir que o traspaso da autoestrada veña acompañada dos recursos necesarios para que funcione de forma efectiva como un factor de vertebración territorial, de calidade de vida e competitividade económica.

Segundo recordou, a AP-9 leva décadas supoñendo un enorme lastre para a economía das familias e empresas, así como para a competitividade de Galicia como territorio. Por iso, a finalidade da transferencia é conseguir que a Autoestrada do Atlántico preste un mellor servizo a Galicia e aos galegos.

Ademais, Delgado sinalou que é imprescindible blindar no texto legal que esa transferencia se produza coa dotación dos recursos económicos necesarios para unha óptima xestión da infraestrutura, ao servizo dos galegos, tanto no presente como nos anos futuros.

“Debemos evitar que a transferencia se converta nunha carga económica para a Administración autonómica e que esta teña que asumir cuestións como o custo das bonificacións ou o financiamento das obras necesarias, na súa maior parte programadas e comprometidas desde hai anos”, insistiu aclarando que aceptar iso equivalería a condenar aos galegos para pagar dúas veces a autoestrada, pola vía das peaxes e pola dos recursos públicos. “As nosas emendas van encamiñadas a preservar e defender  por encima de todo, os lexítimos intereses dos galegos”, engadiu.

Así mesmo, o deputado manifestou que a transferencia debe incluír os recursos necesarios para manter durante todo o período concesional un sistema de bonificacións que contribúa a paliar o impacto das peaxes nos usuarios e a reducir o agravio que sofre Galicia en relación co resto do territorio español, no que as peaxes están a ser progresivamente liberados. “Isto é máis necesario tendo en conta o carácter periférico do territorio galego”, expresou.

“Consideramos que as emendas presentadas son xustas, equitativas -atendendo ás situacións que se dan noutras zonas- e tamén asumibles,  dado que as obras necesarias na autoestrada que se solicitan e as bonificacións foron comprometidas pola Administración Xeral do Estado”, resaltou.

MESES DE BLOQUEO

Celso Delgado celebrou que onte, grazas a presión mantida desde hai meses polo GPP, se acadase que a Mesa do Congreso rectificara, poñendo fin ás quince prórrogas que acumulaba esta iniciativa lexislativa do Parlamento de Galicia.

Cómpre lembrar que desde o 24 de febreiro estivo aberto o prazo de presentación de emendas ao articulado e que o PSOE, de Pedro Sánchez, e Podemos-Galicia en Común, da vicepresidente Yolanda Díaz, estiveron bloqueando a tramitación da Proposición de Lei de transferencia da AP-9 sen motivo, sempre coa oposición dos dous representantes do PP na Mesa, Ana Pastor e Adolfo Suárez.”

Declaracións na TVG:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-5175629?t=1264


Enmiendas del PP para que la transferencia de la AP-9 sea con fondos (elcorreogallego.es)

 

El PP presenta enmiendas a la ley del traspaso de la AP-9 para "evitar" que suponga "una carga económica" para la Xunta (msn.com)

Con la tecnología de Blogger.