A Comunidade galega supera o millón de afiliacións á Seguridade Social que aumentan nun 2,79% con respecto a hai un ano

 

Coñecemos onte os datos de afiliación media á Seguridade Social no mes de abril facilitados polo Goberno.

Galicia: 

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado abril en 1.001.994 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 3.260 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,33 %).

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un aumento de 27.223 ocupados (2,79 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou abril con 773.874 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 208.245 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 19.875 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado abril en 100.684  ocupados, cifra que supuxo un aumento de 178 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,18 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 1.705 ocupados (1,72 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou abril con 77.438 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.256 afiliados medios. 

 

Con la tecnología de Blogger.