O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os
datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo de 2021.
Son
os seguintes:
Galicia:
O desemprego cae nas catro provincias; nas 7 grandes cidades; en todos os sectores de actividade; e en todos os
tramos de idade.
O número de parados queda en
180.719. Por sectores, 6.384 son da agricultura, 19.975 da industria,
13.345 da construción, 127.405 dos servizos e 13.610 do colectivo sen emprego
anterior.
A
nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado,
6.238 persoas incrementaron en Galicia as listas do paro, o que supón un crecemento
do desemprego do 3,58 %. Salientar que á media de crecemento do paro no
Estado foi do 11,31 %.
Ourense:
Baixa o paro rexistrado en marzo en relación co mes anterior en 231 persoas, un – 1,13 %.
O número de parados queda en 20.265 deles 8.712 son homes e 11.553 mulleres, 19.231 son maiores de 25 anos e 1.034 menores.
Por
sectores, 1.023 son da agricultura, 2.269 da industria, 1.479 da construción,
13.697 dos servizos e 1.797 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 943 persoas entraron en Ourense nas listas do paro, o que supón un aumento do desemprego do 4,88 %.