Feijóo pide a Sánchez unha Conferencia de Presidentes para que España non pase “do Estada de Alarma ao caos"

presidente do PPdeGAlberto Núñez Feijóo, pediu a Pedro Sánchez que convoque unha Conferencia de  Presidentes para deseñar a España de despois do 9 de maio, porque precisamos certezas e non un Goberno que pase do Estado de Alarma ao caos. “Non se pode gobernar un país a forza de Estados de Alarma permanentes”, apostilou.

Durante a súa intervención na Xunta Directiva que o partido celebrou en Oleiros, explicou que a cogobernanza non pode ser un slogan, unha palabra baleira ou un comodín do Executivocentral cando non sabe ou non se atreve a exercer as súas responsabilidades; e indicou que as Autonomías pedíronlle sempre que exercese labores de coordinación mentres cubriron as súas carencias de xestión e os seus incumprimentos,sendo is leais co Goberno de España do queeste foi coas Comunidades.

 

De feito, expresou que desde Galicia se seguirá traballando para acertar coa resposta a esta crise,ao tempo que insistía en que é necesaria unha Lepara xestionar a pandemiaao igual que o cre o Consello de Estado. Por este motivo sinalou que a nosa Autonomía xa aprobou unha -co PSOE, Podemos e Vox en contra-, algo que tamén están agora facendo País Vasco ou Aragónnas que goberna o Partido Socialista.

 

Do mesmo xeito, destacou que é fundamental que as axudas se repartan con criterios transparentes e obxectivos, polo que non é razoable que a Comunidade perciba 105 millóns menos do que lle corresponde de Fondos do Estado para Autónomos.

 

Nun contexto de crise, tamén admitiu que as administracións teñen que traballar para conservar a actividade económica e o emprego, polo que os populares non poden aceptar o Artigo 18 da Lei de Cambio Climático. “Traer un plantexamentomesetario a un problema costeiro é un disparate que nos costará miles de postos de traballo, advertiu.  

 

Ademais, aclarou quementres había ministros que marchaban en plena terceira onda para ser candidatos en eleccións autonómicas, desde a Moncloa se esquecía a pandemia para desestabilizar gobernos autonómicos que funcionaban con mocións de censura, e algúns partidos só exercían de comentaristas da situacióndando leccións desde os seus escanos; os populares galegos continuaron traballando para ser útiles á sociedade, tomaron medidas contra a Covid e xestionaron responsablemente a crise sanitaria.  

 

GALICIA DEU UNHA LECCIÓN


Tras poñer en valor que somos a Comunidade peninsular con menos mortalidade provocada pola pandemia, incluso sendo das poboacións máis avellentadas, Feijóo afirmou que nestes tempos tan duros Galicia volveu dar unha lección. 

 

Así mesmo, resaltou que a Sanidade pública galega foi segue a ser un exemplo de entrega e de coidado pero, aínda así, quere seguir reforzándoa con máis profesionais -aprobouse unha OPE de 1.200 prazas-, con máis e mellores centros de saúde -coma os que se abriron nestes meses na Estrada, en Ames ou en Paderne de Allariz-, e cunhas infraestruturas hospitalarias de primeiro nivel, como será o novo CHUAC. 

 

Despois de máis dunha década de acusaciónsinxustas e de todas as dificultades que supuxo a pandemia, “acreditamos que a nosa Sanidade pública pode mirar con dignidade á xente que a financia, que son os galegos e as galegas”. Por iso dirixiuse a aqueles que “mentiron e seguen mentindo” para que deixen as súas calumnias aparcadas e defendan o noso sistema sanitario


CENTRADOS NA REACTIVACIÓN


No seu discurso, o presidente tamén aclarou que os populares tampouco perderon nunca de vista nestes meses a reactivación económica, lembrando que se aprobaron Plans de Rescate para os sectores máis afectados polos peches e medidas de impulso do consumo coma o Bono Turístico ou o Bono Comercio.

 

Tampouco se esqueceu das ferramentas necesarias para construír o escenario post-covid e recordou que a Xunta aprobou a Lei de Simplificación e presentou unha candidatura traballada e realista aos Fondos Next GenerationSobre isto, subliñou que son precisos uns criterios de reparto claros, que non se baseen na afinidade do Executivo central coa administración que os promova e que se nos xulgue só en función da validez dos nosos proxectos; aseverando que o Goberno do Estado debe pensar máis na xestión e menos nas eleccións.


 

Con la tecnología de Blogger.