Remata esa entrada dicindo que "non estamos dipostos a renunciar á Variante Norte de Ourense e que seguiremos facendo un estreito seguimento dos plans do Goberno de Sánchez”.
http://www.celsodelgado.gal/2020/12/neste-ano-2020-que-esta-piques-de.html
Agora damos a coñecer novas respostas, relacionadolas coas anteriores:
PRIMEIRO TRAMO: EIRASVEDRAS-QUINTELA.
O pasado 26 de febreiro de 2021 formulaban Celso Delgado e Ana Vázquez estas preguntas con respecto ao primeiro tramo:
“É un feito
obxectivo que un tramo especialmente maduro para licitar as obras, dentro da
Autovía A-56 (Ourense-Lugo) é a ligazón de Eirasvedras coa N-120 (pq. 573+800)
coa ligazón de Quintela coa N-120 (pq. 572,000). Un tramo urbano que de executarse
solucionaría os problemas de circulación nun treito de alta intensidade de
tráfico e que posibilitaría o proxecto municipal de conversión dese espazo da
N-120 nun bulevar termal.
Lembramos que o
proxecto de construción do tramo foi aprobado pola Dirección Xeral de Estradas
o 22 de abril de 2019 cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros. E
que o BOE do 21 de novembro de 2019 publicou o anuncio do MITMA de sometemento
a información pública previa á ocupación de bens e dereitos afectados. Un
trámite que de ningún xeito condiciona a licitación, pero que xa vencidos os
dous primeiros meses de 2021 segue sen materializarse
Esta deliberada e
inaceptable demora evidencia un notorio desprezo aos ourensáns, que nos indigna
e que se viu aumentada cando vimos no proxecto de lei PGE para 2021
que o Goberno socialista consignaba para este tramo a ínfima suma de 250.000
euros que parece facer inviable a licitación.
Lembramos que na
Lei de PGE de 2018 -co goberno do PP- este tramo tivo unha partida de 2,5
millóns de euros. No errado proxecto de PGE de 2019, o Goberno
socialista non fixaba consignación algunha o que provocou o rexeitamento
unánime de todas as forzas políticas de Ourense. Para xustificarse, o MITMA
dixo o 30 de xaneiro de 2019 que “este proxecto podería estar por tanto
aprobado e a continuación ser licitadas as obras en 2019. Pero unha vez
máis o MITMA incumpriu e as obras nin foron licitadas en 2019, 2020 nin no que
vai de 2021.
Considerando que é imprescindible que en 2021 o Goberno rectifique e licite as obras deste tramo, preguntamos ao Goberno o 19 de xaneiro pasado: “en que mes del año 2021 procederá el Gobierno a licitarlas obras del tramo Eirasvedras-Quintela “
O 23 de febreiro de
2021 o Goberno contestaba, pero eludía respostar a moi concreta pregunta
formulada, e tiña a desfachatez de diciembre que a dotación que recoge a Leí de
PXE para o año 2021 bastaba para proceder á licitación dasobraa do tramo
Eiravedras- Quintela.¿Cómo pódese calificar de suficiente unha
consignación ínfima de 250.000 €, é dicir dez veces menor que a consignada
en 2018?
Por elo insistimos “En que mes do ano 2021 procederá o
Goberno para licitar as obras do tramo da autovía A-56, ligazón de Eirasvedras
coa N-120– ligazón de Quintela coa N-120”.
A resposta do Goberno chegou o pasado 16 de abril e foi a seguinte: “En relación co asunto interesado, sinálase que o Proxecto de construcción “Variante de Ourense, tramo Eirasvedras-Quintela da Variante Norte de Ourense (A-56), foi aprobado con data 22 de abril de 2019.
Procederase a súa licitación en función da priorización
que se realice dentro da Rede de Estradas do Estado.”
Unha vez máis o Goberno négase a comprometer unha data
de licitación e recorre ao eufemismo de que a licitación estará en función da
priorización que se realice dentro da Rede de Estradas.
SEGUNDO TRAMO:
QUINTELA-A CASILLA.
“O 4 de marzo de 2019 preguntamos ao Goberno sobre a data en que concluiría a redacción do proxecto de construción do tramo da autovía A-56, ligazón de Quintela coa N-120 ata a ligazón da Casilla coa N-525. O Goberno entón respondeunos "que o proxecto do tramo Quintela-A Casilla atópase nunha fase moi avanzada de redacción e tan só pendente da auditoria de seguridade viaria".
O 21 febreiro de
2020 formulamos idéntica pregunta ao Goberno e o 2 de abril de 2020
respondeunos “que se atopa en fase de redacción e
que non podía dar unha data concreta de finalización destes traballos xa que
dependía da supervisión e correccións que puidese ser preciso realizar nas
sucesivas versións do proxecto”.
Xa iniciado 2021
seguimos sen ter noticias da aprobación do proxecto de construción deste tramo
por parte do MITMA, o que evidencia unha enorme desidia e falta de compromiso,
que se confirmou coa consignación na lei de PGE para 2021 para este tramo da
ínfima suma de 100.000 euros que fai inviable a pronta licitación das obras.
Polo exposto
insistimos e preguntamos: “En que mes do ano 2021 está prevista
a aprobación do proxecto de construción do tramo da autovía A-56, ligazón de
Quintela coa N-120 ata a ligazón da Casilla coa N-525?”
A resposta do
Goberno o pasado 23 de febrero foi a seguinte:
“En relación co asunto interesado,
sinálase que o Goberno, a través do Secretario Xeral de Infraestruturas do
Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana na súa intervención na
Comisión de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Congreso dos Deputados
do 29 de outubro de 2020 informou sobre a situación desta infraestructura”.
A nova resposta do Goberno chega o pasado 16 de abril e foi a seguinte: “En relación co asunto interesado, sinálase que O Proxecto de construcción “Variante de Ourense, tramo Enlace de Quintela - Enlace de A Casilla con N.525 en su pk. 241.20 se encuentra actualmente en fase de redacción.
La Dirección
General de Carreteras del MITMA proseguirá la redacción del mismo”
Unha vez máis o Goberno amosa que ten abandonado este tramo. En marzo de 2019 respostaba "que o proxecto do tramo Quintela-A Casilla atópase nunha fase moi avanzada de redacción e tan só pendente da auditoria de seguridade viaria". Dous anos despóis, segue menifestando que está en redacción.